Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Marzo
Canis Minor ou Can Menor[1] é unha das 88 constelacións modernas. A súa figura é moi sinxela: unha liña que une dúas estrelas. Procyon a súa estrela máis brillante forma xunto con Betelgeuse (Orión) e Sirio do (Can Maior) o triángulo de inverno.
δ Canis Minoris, denominación compartida por tres estrelas diferentes: δ1 CMi, δ2 CMi e δ3 CMi. δ1 Canis Minoris é unha xigante branco-amarela a 760 anos luz de distancia.
Ó Can Menor Eratóstenes identificábao co can de Orión, catasterizado á vez que o seu amo, posto que sempre estivera en tódalas súas aventuras. Pero, ó igual que o Can Maior, tamén rexistra a variante de que pode se-la cadela Mera, que cos seus laios causados por atopa-los corpos dos seus amos Icario e Erígone, atraeu á xente para que lles deran sepultura. Outra variante é que se trataría do can de Céfalo que tratou de caza-la Raposa de Teumeso.
A estrela máis brillante desta constelación leva o nome de Procyon que significa "antes que o can" en referencia á súa aparición inmediatamente antes cá estrela can (Sirio).