Carlos Cortés Rey, nado o 28 de agosto de 1974 na Coruña, é un árbitro internacional galego de baloncesto.
Traxectoria
En 2005 convértese en árbitro de primeira división no baloncesto español e comeza a arbitrar partidos na ACB. En 2010 dá o paso para converterse en árbitro internacional, cando leva arbitrados 115 encontros na ACB[1]. A súa progresión nese ámbito lévao a ser seleccionado para os Xogos do Mediterráneo 2013 que se disputaron na cidade turca de Mersin.
É ademais director técnico do Comité Galego de Árbitros. En 2013 recibiu da Xunta de Galicia o premio Deporte Galego ao mellor árbitro.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas