Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Carmen Alfaro Asins

Modelo:BiografíaCarmen Alfaro Asins
Biografía
Nacemento8 de maio de 1952
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xuño de 2005 (53 anos)
Madrid
Director de museo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspañola
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid
Q89547790- Estudos de numismática antiga.
- Conservadora do Departamento de Numismática do Museo Arqueolóxico Nacional de España
Actividade
Campo de traballoNumismática, arqueoloxía e museística
Ocupaciónarqueóloga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma de Madrid
Museo Arqueolóxico Nacional de España Editar o valor en Wikidata
Premios
- (1991): Placa da Asociación Numismática Melillense.
- (1992): Medalla Presidencial da Asociación Numismática Española.
- (1994): Premio Javier Conde Garriga.
- (2006): Premio Xavier Calicó.

BNE: XX960156 Dialnet: 93458

Carmen Alfaro Asins, nada en Madrid o 8 de maio de 1952 e finada o 9 de xuño de 2005, foi unha arqueóloga e numismática española.[1][2][3]

Foi vicepresidenta primeira da xunta directiva da Comisión Internacional de Numismática (CIN) e vogal da Sociedade Iberoamericana de Estudos Numismáticos (SIAEN) a partir de 1989.[1][3][4]

Traxectoria

Formación

Alfaro obtivo a licenciatura na especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía en 1977, na Universidade Autónoma de Madrid. Durante o curso 1980-1981 realizou as prácticas profesionais de museos na sección de numismática e foi contratada polo Ministerio de Cultura o seguinte ano, cando preparaba a súa tese de doutoramento baixo a dirección de Gratiniano Neto, que presentou en 1983 baixo o título de Las monedas de Gadir/Gades.[1][2][4][5]

Museo Arqueolóxico Nacional

En 1984 ingresou por oposición no corpo facultativo de conservadores de museos e obtivo praza da sección de numismática do Museo Arqueolóxico Nacional; o ano seguinte pasou a ocupar a praza de conservadora xefa da sección e, a partir de 1989, foi a xefa do Departamento de Numismática e Medallística.[1][2][3][4]

Carmen Alfaro ante un panel dunha das exposicións numismáticas do Museo Arqueolóxico Nacional

Desde os seus postos no Departamento impulsou os traballos de modernización do museo. Cando Alfaro asumiu a xefatura da sección de numismática había máis de tres décadas que non se expuñan ao público as coleccións de moedas que alí se custoriaban. Ela iniciou unha nova fase de apertura; organizou numerosas exposicións para dar a coñecer os fondos ao público, facéndoo partícipe da importancia da moeda como documento histórico con múltiples lecturas.[6] Abriu as coleccións a investigadores e defendeu a localización da biblioteca de numismática dentro do propio departamento para que fose máis útil aos estudosos da moeda. Traballou a prol da protección do patrimonio numismático e estudou os fondos numismáticos da colección do museo, e deunos a coñecer a través da publicación de diversos catálogos.[1][2][4][7]

No seu labor de difusión fomentou o préstamo de obras e organizou exposicións temporais como La moneda, algo más que dinero (1996), Tesoros del Gabinete Numismático (1999), Dinero exótico (2001) ou Esto es dinero (2001). Tamén organizou conferencias, congresos e outros actos co fin de reactivar a presenza da colección numismática do museo nos circuítos científicos internacionais. Resultado disto foi o XIII Congreso Internacional de Numismática, do Consello Internacional de Numismática, celebrado en Madrid en setembro de 2003, a maior reunión científica internacional, da que Alfaro foi a responsable da redacción das actas, que xa non puido ver publicadas, ao falecer en 2005.[1][4][7][8]

Labor investigador e publicacións

Como investigadora, Alfaro centrou a súa atención na moeda da antigüidade e, en especial, nas cuñaxes feno-púnicas, en todos os seus aspectos, particularmente baseándose nas pezas pertencentes ás propias coleccións do museo.[9] Neste sentido, unha das súas achegas máis importantes foi a localización da ceca púnica de Tagilit (Almería). No entanto, tamén foron do seu interese outras temáticas como a historia do propio Museo Arqueolóxico Nacional, a circulación monetaria e as técnicas de fabricación da moeda.[1][2][7]

Sylloge Nummorum Graecorum

Artigo principal: Sylloge Nummorum Graecorum.

Varios dos catálogos de moeda hispánica do Museo Arqueolóxico Nacional publicados baixo a súa coordinación formaron parte da serie Sylloge Nummorum Graecorum; deste xeito, logrou que España participase nun proxecto internacional que é un referente esencial na investigación numismática da antigüidade.[1][2][7]

  • (1994): Sylloge Nummorum Graecorum, España. Museo Arqueológico Nacional, Madrid, Volumen I, Hispania, Ciudades feno-púnicas. Parte 1: Gadir y Ebusus]. Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 84-8181-003-7
  • (2004): Sylloge Nummorum Graecorum, España. Museo Arqueológico Nacional, Madrid. Volumen I. Hispania. Ciudades feno-púnicas. Parte 2: Acuñaciones cartaginesas en Iberia y emisiones ciudadanas (continuación). Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 84-369-3842-9

Escolma de artigos científicos

Alfaro é autora de máis de 60 artigos en revistas especializadas. Estes son algúns dos publicados ao longo da súa carreira no Boletín del Museo Arqueológico Nacional (ISSN 0212-5544):[10][11]

Monografías[11]

  • (1991): Numismática y Medallística. Museo Arqueológico Nacional]. Madrid. ISBN 84-7483-859-2
  • (1993): Catálogo de las monedas antiguas de oro del Museo Arqueológico Nacional. Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 9788474839357
  • (1996): La moneda, algo más que dinero. Museo Arqueológico Nacional. Madrid.
  • (1999): Tesoros del Gabinete Numismático. Las 100 mejores piezas del Monetario del Museo Arqueológico Nacional. Ministerio de Educación y Cultura. Madrid
  • (2001): Dinero exótico. Una nueva colección del Museo Arqueológico Nacional. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Madrid.
  • (2003): El Departamento de Numismática del Museo Arqueológico Nacional. Ministerio de Cultura. Madrid.
  • (2009). Diccionario de Numismática. Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 9788481814057

Recoñecementos

Carmen Alfaro foi merecedora de diversos galardóns, entre eles os seguintes:[1][4][12]

  • (1991): Placa da Asociación Numismática Melillense.
  • (1992): Medalla Presidencial da Asociación Numismática Española.
  • (1994): Premio Javier Conde Garriga, concedido pola Asociación Numismática Española polo conxunto da súa obra.
  • (2003): Premio Xavier Calicó, outorgado pola Asociación Española de Numismáticos Profesionais, polo labor desenvolvido á fronte do seu departamento.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Marcos Alonso, C.; Otero Morán, P. (2005). "Adiós a Carmen Alfaro". En Numisma. Número 249. Páxinas 250-252. ISSN 0029-6015.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 García-Bellido, M. P. (2005). "Carmen Alfaro in memoriam". En Archivo Español de Arqueología. Nº 78. Páxinas 3-4.
  3. 3,0 3,1 3,2 Marcos Alonso, C.et al. (2006). Páxina 9.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Carmen Alfaro Asins Arquivado 22 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.". Museo Arqueológico Nacional.
  5. Marcos Alonso, C.et al. (2006). Páxinas 9-10.
  6. Véxase a seguinte referencia en "Artigos científicos": Alfaro Asins, C. et al. (1996).
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Marcos Alonso, C.et al. (2006). Páxinas 10-14.
  8. Alfaro Asins, C (coord.) et al. (2005). XIII Congreso Internacional de Numismática, Madrid, 2003: actas-proceedings-actes. Ministerio de Cultura. ISBN 978-84-8181-265-7
  9. Hurtado Mullor, Tomás (2009). "Un tesoro de monedas de la II Guerra Púnica en la Real Academia de la Historia". En SAGVNTVM, (41):95-108.
  10. Publicacións de Alfaro Asins no MAN Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine..
  11. 11,0 11,1 Marcos Alonso, C.et al. (2006). Páxinas 14-20.
  12. Marcos Alonso, C.et al. (2006). Páxina 13.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Kembali kehalaman sebelumnya