Carmen López-Cortón nada en Vixoi (Bergondo) o 9 de xullo de 1866 e finada en Madrid o 19 de marzo de 1938, foi unha mestra galega.
Traxectoria
Filla de José Pascual López Cortón e Julia Viqueira Flores-Calderón, estudou en Madrid na Institución Libre de Enseñanza. Viaxou a Inglaterra para ampliar coñecementos da educación británica, e alí decidiuse cara aos temas pedagóxicos, educativos e sociais.
Publicou no Boletín da Institución Libre de Enseñanza algúns artigos en que expuña como se produciu o acceso das mulleres á educación superior nalgúns países europeos.[1]
Vida persoal
Casou con Manuel Bartolomé Cossio o 9 de agosto de 1893 no Santuario do Bom Jesus do Monte, en Braga (Portugal). Tiveron dúas fillas: Natalia (1894) e Julia (1900).[2]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía