Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Carmen Muñoz Manzano

Modelo:BiografíaCarmen Muñoz Manzano
Biografía
Nacemento14 de maio de 1906 Editar o valor en Wikidata
Malpartida de Plasencia, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de abril de 2002 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioBeatriz Galindo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRafael Dieste Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1697418


Carmen Muñoz Manzano, nada en Malpartida de Plasencia (provincia de Cáceres) o 14 de maio de 1906 e finada na Coruña o 13 de abril de 2002,[1] foi unha escritora española, tamén coñecida co pseudónimo de Beatriz Galindo.

Traxectoria

Nada no seo dunha familia acomodada, estudou Maxisterio en Salamanca e Madrid. Tras aprobar as oposicións de Inspectora de Ensino Primario, foi destinada á provincia de Lugo e despois a Cáceres, ao concello fronteirizo de Valencia de Alcántara. Mentres colaboraba coas Misións Pedagóxicas coñeceu a Rafael Dieste,[2] e casaron en Santander o 3 de setembro de 1934.

Editorial Atlántida.

Durante o Golpe de Estado estaba en Madrid co seu marido. Iniciaron unha defensa activa da Segunda República Española mediante labores pedagóxicas e publicacións culturais. En febreiro de 1939 logrou chegar a París, mentres que Dieste foi levado ao campo de concentración de Saint-Cyprien. Estiveron no exilio en Bos Aires, Cambridge e Monterrey. En México deu aulas no Instituto Tecnológico. En Bos Aires fixo revisións de libros e traducións para a Editorial Atlántida, impartiu conferencias (entre elas unha sobre Dulcinea) e deu aulas como interina.

Durante a súa etapa no exilio tivo unha gran relación epistolar, en que detalla a súa vida e a do seu círculo de amizades. Entre estas estaban Luís Seoane e a súa muller Maruxa, Lorenzo Varela, Antonio Baltar e Mireya Dieste Fernández, Ramón Baltar e Emma Tojo, Enrique Casal Chapí, Antonio Sánchez Barbudo ou Arturo Serrano Plaja, así como novas amizades como Gabriel Zaid, Esther de Cáceres, Federico Lachica ou Isaac Díaz Pardo.

En 1961 instaláronse en Rianxo. En 1964 logrou recuperar o seu posto como inspectora de ensino, destinada na provincia da Coruña. Alternaron a súa residencia entre Rianxo e A Coruña, onde mercaron un piso. Xubilouse en 1976 e desde entón adicouse á obra do seu home ata a morte deste en 1981. Foi testamenteira da obra e a memoria de Dieste, amais de arquiveira, copista e editora.

Foi nomeada filla adoptiva de Rianxo.

Obra

  • “Diario de sueños”, en P.A.N. Revista epistolar y de ensayos. Madrid, Imprenta Juan Pueyo, n.º 2, pp. 31–32 (1935).
  • “Epistolario. Como parece que son las mujeres”, en P.A.N. Revista epistolar y de ensayos, n.º 6, pp. 121–122 (1935).
  • La Edad Media. Bos Aires, Atlántida, 1945.
  • “No aniversario de Rafael Dieste”, Encrucillada, n.º 30, p. 51-54 (setembro de 1982).
  • “Prólogo” en DIESTE, R.: La Isla. Tablas de un naufragio, Barcelona, Anthropos, 1985.
  • “Semblanza cronológica de Rafael Dieste”, Documentos A, Barcelona, Anthropos, n.º1 (1990), p. 46-199.
  • “Dos cartas incompletas sobre el proceso creador”, Documentos A, n.º1 (1991), p. 39-43.
  • “Testimonio personal de Carmen Muñoz”, Documentos A, n.º1 (1991), p. 198-48.
  • Epistolario amoroso (ed. de Xosé Luís Axeitos), A Coruña, La Voz de Galicia, 1995, (Biblioteca Galega).
  • Epistolario (ed. de Xosé Luís Axeitos e Rosario Portela Yañez), Sada, Ediciós do Castro, 2005, (Biblioteca del Exilio, VII) .

Notas

  1. "La viuda de Dieste descansa en Rianxo". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de abril de 2002. 
  2. Rivera, Carlos González de. "Publican una biografía sobre la figura de Carmen Muñoz". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2022-01-10. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya