Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Casa da Moeda de Karlsruhe

Casa da Moeda de Karlsruhe
Staatliche Münze Karlsruhe
Staatliche Münze Baden-Württemberg Standort Karlsruhe


Escudo de Baden-Württemberg, logotipo da
Casa da Moeda de Karlsruhe



Fachada do edificio da
Casa da Moeda de Karlsruhe


TipoEstatal
Fundación1827
MatrizAutoridade de Facenda (Finanzministerium) de Baden-Württemberg.
Localización Karlsruhe
Baden-Württemberg
Alemaña Alemaña.
IndustriaCuñaxe.
ProdutosMoedas e medallas.
Notas
Marca de ceca: G.
Na rede
http://www.staatlichemuenzenbw.de
editar datos en Wikidata ]

A Casa da Moeda de Kaelsruhe (en alemán: Staatliche Münze Karlsruhe ou, máis formalmente, Staatliche Münze Baden-Württemberg Standort Karlsruhe) é a máis pequena das cinco fábricas de moeda estatais activas en Alemaña, situada en Karlsruhe, e depende das autoridades de Facenda do Estado de Baden-Württemberg. As outras cecas do país teñen as súas sedes nas cidades de Berlín, Hamburgo, Múnic e Stuttgart.[1]

Desde 1871, a marca de ceca da Casa de Moeda de Karlsruhe é a letra G.[1]

En 1998, a Ceca Estatal de Stuttgart e a de Karlsruhe fusionáronse para formaren a entidade "Casas da Moeda Estatais de Baden-Württemberg".[1][2]

Histoira

3 marcos de Federico II (1857-1928), coa marca de ceca G da Casa da Moeda de Karlsruhe
Marca de ceca G (á esquerda da data) nun céntimo de euro.

A primeira casa de moeda da cidade estableceuse en 1732 nunhas dependencias anexas ao castelo, e só dous anos despois foi trasladada á veciña vila de Durlach, un dos actuais distritos de Karlsruhe. Desde 1753, en Baden seguíase un padrón monetario convencional, baseado en 10 táleros de convención (Konventionstaler) por cada marco de colonia (234 gramos) de prata fina, e cada tálero composto por 2 floríns de 60 kreuzer.[2][3]

A través das alianzas e as políticas matrimoniais, o Electorado de Baden aumentou a súa influencia pasou a ser un Gran Ducado en 1806. Como resultado destes cambios, decidiuse establecer unha nova casa de moeda en 1816 que se situou na Stephanienstraße de Karlsruhe.[2]

Co tempo, os padróns monetarios foron cambiando, ata que, logo do Acordo Monetario de Viena de 1857, Baden e o resto dos estados adheridos á Unión Alfandegueira Alemá (Zollverein) asumiron como base unha libra arancelaria de 500 gramos, da que se obtiñan 30 táleros da unión (Vereinstaler). A moeda de ouro foi o ducado ata 1857, cando foi substituída pola coroa (Krone) ata a Unificación Alemá de 1871. A partir de 1873, a moeda imperial pasou a ser o marco, dividido en 100 pfennig.[2][3]

Como marca de ceca da Casa da Moeda de Karlsruhe utilizouse un G nas moedas cuñadas a partir de 1872. O motivo da asignación desta letra, a sétima do abecedario, é que a ceca ocupaba o sétimo lugar por tamaño entre as que existían naquel momento no Imperio. Aínda que desde entón pecharon dúas das cecas, a asignación inicial séguese a manter no século XXI. [2]

Logo da segunda guerra mundial, en 1949 cuñáronse en toda Alemaña moedas de 1, 5 e 50 pfennig coa lenda BANK DEUTSCHER LÄNDER, que en 1950 se substituíu por BUNDESREPUBLIC DEUCHSLAND. Porén, a Casa de Moeda de Karlsruhe seguiu utilizando accidentalmente a lenda antiga durante un tempo curto en 1950, o que levou á entrada en circulación de 30.000 moedas con esa variedade, hoxe moi apreciadas polos coleccionistas. [2]

En 1975 descubriuse unha fraude na ceca de Karlsruhe, encabezada polo seu director, que se coñece popularmente como o "Escándalo da Casa de Moeda de Karlsruhe".[2][4][5]

En 1998 as casas de moeda de Karlsruhe e de Stuttgart fusionáronse baixo a denominación de Staatliche Münzen Baden-Württemberg (Casas da Moeda Estatais de Baden-Wuerttemberg). Con todo, ambas as fábricas manteñen as súas marcas de ceca históricas: un F para Stuttgart e un G para Karlsruhe. Logo da incorporación das cecas alemás á produción de moedas do novo sistema do euro, a nova entidade produce arredor do 40 % das moedas que a República Federal de Alemaña pon en circulación na Eurozona.[1][2]

Friedrich Weinbrenner (1766-1826), arquitecto da Casa da Moeda de Karlsruhe

O edificio da ceca

O edificio que alberga a Casa da Moeda de Karlsruhe foi construído en 1816 seguindo os planos do arquitecto local Friedrich Weinbrenner (1766-1826), quen pola súa vez se baseou noutros previos, elaborados polo arquitecto militar Friedrich Arnold. A conclusión do edificio tivo lugar o 9 de febreiro de 1827, un ano despois do falecemento de Weinbrenner, polo que foi o seu discípulo Friedrich Theodor Fischer quen se encargou da dirección da obra nese período final. Un busto de bronce no patio do edificio lembra a figura de Weinbrenner.[6][7]

O "Escándalo da Casa da Moeda de Karlsruhe"

Na década de 1970 produciuse o "escándalo da Casa da Moeda de Karlsruhe" (Karlsruher Münzskandal): en 1975 descubriuse que o daquela director da ceca, Willy Ott, levaba facendo durante anos moedas de 2 pfennig, de 50 pfennig e de 5 marcos con alteracións que logo, coa implicación do subdirector, Stefan Heiling, e do empregado Klaus Fetzner, vendía a prezos moi elevados a coleccionistas e a funcionarios do Ministerio de Facenda. Como resultado das investigacións, concluíuse que se chegaron a producir entre 1.650 e 1.700 moedas alteradas, cun valor no mercado do coleccionismo de arredor de medio millón de marcos naquel momento.

As persoas involucradas foron condenadas por fraude e roubo de moedas, e foron suspendidos nos seus postos.[2][4][5][8]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Our Mints". Staatliche Münze Baden-Württemberg.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Staatliche Münze". En Stadt wiki Karlsruhe.
  3. 3,0 3,1 Presch, P. et al. (2002). "Gulden, Mark, Euro - geprägt in Karlsruhe". Páxinas 13-20.
  4. 4,0 4,1 Presch, P. et al. (2002). Páxina 54.
  5. 5,0 5,1 "Falschungen. Besondere Rarität Arquivado 12 de abril de 2016 en Wayback Machine.". En Der Spiegel. Nº. 23. 1975. Páxinas 70-71.
  6. Presch, P. et al. (2002). "Weinbrenners leztes Bauwerk: Die Staataliche Münze in Karlsruhe". Páxinas 21-28.
  7. "Staatliche Münze". En Stadt wiki Karlsruhe.
  8. "Blick in die Geschichte: Der Karlsruher Münzskandal von 1975 Arquivado 29 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine.". Stadt Karlsruhe (Karlsruhe.com)

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas


Read other articles:

Флаг Камбоджи Субъект Камбоджа Утверждён 20 октября 1948 Отменён 9 октября 1970 Повторноучреждён 30 июня 1993 Использование Пропорция 16:25 Обоснование символики Ангкор-Ват Предыдущие флаги Флаг в 1992—1993 годах  Медиафайлы на Викискладе Госуда́рственный флаг Камбо́джи (кхмер. ទ

 

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Playmates album – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (December 2023) (Learn how and when to remove this template message) 1977 studio album by Small FacesPlaymatesStudio album by Small FacesReleasedAugust 1977Recorded1977StudioGrange Sound...

 

بابور   خريطة البلدية الإحداثيات 36°29′25″N 5°32′24″E / 36.4904°N 5.5399°E / 36.4904; 5.5399  تقسيم إداري  البلد  الجزائر  ولاية ولاية سطيف  دائرة دائرة بابور عاصمة لـ دائرة بابور  خصائص جغرافية  المجموع 150 كم2 (60 ميل2) عدد السكان (2008 [1])  المجموع 15٬762 مع

This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (April 2017) (Learn how and when to remove this template message) 1965 Ferves Ranger 4x4 The Ferves was an Italian automobile manufacturer from 1965 until 1970. Based on the Fiat 500, it was a multi-purpose car powered by a rear-mounted 499 cc two-cylinder in-line engine. It was available as a two-wheel drive or ...

 

Internationaal symbool van recycling Het afval uit deze afvalbak voor papier wordt gerecycleerd, dat is te zien aan het symbool op de bak Aandeel van gemeentelijk afval dat gerecycleerd wordt (%), 2015 Recycling (Nederland) of recyclage (Vlaanderen) is het opnieuw gebruiken van materialen. Recycling is iets anders dan hergebruik, waarbij een product (of delen daarvan) opnieuw wordt gebruikt zonder het daarbij in grondstoffen te scheiden. Inleiding Eind 2008 werd door de Europese Unie (EU) met...

 

Mastoid cells الاسم العلميcellulae mastoideae Coronal section of right عظم صدغي. (Mastoid cells labeled at bottom left.) MRI showing fluid in mastoid air cellsMRI showing fluid in mastoid air cells تفاصيل الشريان المغذي شريان إبري خشائي جزء من أذن وسطى،  وعظم صدغي،  ونتوء حلمي  معرفات ترمينولوجيا أناتوميكا 15.3.02.029   FMA 72001  [عدل في ويكي بي�...

Location of Medina County in Ohio This is a list of the National Register of Historic Places listings in Medina County, Ohio. This is intended to be a complete list of the properties and districts on the National Register of Historic Places in Medina County, Ohio, United States. The locations of National Register properties and districts for which the latitude and longitude coordinates are included below, may be seen in an online map.[1] There are 31 properties and districts listed on...

 

Mercedes-Benz Mercedes-Benz CLS (2004–2008)Mercedes-Benz CLS (2004–2008) C 219 Verkaufsbezeichnung: CLS Produktionszeitraum: 10/2004–07/2010 Klasse: Oberklasse Karosserieversionen: Limousine Motoren: Ottomotoren:3,0–6,2 Liter(170–378 kW)Dieselmotor:3,0 Liter (165 kW) Länge: 4910 mm Breite: 1873 mm Höhe: 1390 mm Radstand: 2854 mm Leergewicht: 1730–1920 kg Nachfolgemodell Mercedes-Benz Baureihe 218 Der Mercedes-Benz C 219 ist eine Limousine der Marke Merce...

 

Shōkaku pada 23 Agustus 1941 yang baru saja selesai dibangun, sedang dikirimkan ke Angkatan Laut Kekaisaran Jepang Sejarah Kekaisaran Jepang Nama ShōkakuOperator Angkatan Laut Kekaisaran JepangDipesan 25 Juni 1942Pembangun Arsenal Angkatan Laut YokosukaPasang lunas 12 Desember 1937Diluncurkan 1 Juni 1939Mulai berlayar 8 Agustus 1941Dicoret 31 Agustus 1945Nasib list error: <br /> list (help)Tenggelam oleh kapal selam Cavalla pada 19 Juni 1944 Ciri-ciri umum (saat dibangun) Kelas dan je...

PlacidiaPermaisuri Kekaisaran Romawi Barat tidak dikenalPermaisuri RomawiPeriodeMarch 23 atau 11 Juli – 23 Oktober atau 2 November 472PendahuluMarcia EuphemiaPenerusistri Julius NeposInformasi pribadiKelahiran439 - 443RomaKematianskt. 484 (usia 41-45)KonstantinopelNama lengkapGalla Placidia ValentinianaAyahValentinianus IIIIbuLicinia EudoxiaPasanganOlybriusAnakAnicia Juliana Placidia IPA: [pɫa'kɪdɪa] merupakan istri Olybrius, Kaisar Romawi Barat yang tidak dikenal. Nama lengkapnya t...

 

Lukisan dinding yang menggambarkan Konsili Nicea tahun 325 yang mengutuk Audiani Audiani adalah sebuah gerakan antiklerus pada abad ke-4.[1] Gerakan ini dipimpin oleh Audius.[1] Audius sebagai kaum awam memprotes kemewahan kaum klerus.[1] Audiani dikutuk pada Konsili Nicea yang diadakan pada tahun 325. Referensi ^ a b c F. D. Willem. 2006. Kamus Sejarah Gereja. Jakarta: BPK Gunung Mulia. Hlm. 3o. lbsBidat-bidat menurut Gereja KatolikZaman Klasik Adopsionisme Apolinaris...

 

Maritime branch of the French National Gendarmerie Maritime GendarmerieGendarmerie maritimeAgency overviewFormed1832 – present[1][2]Employees1,157Jurisdictional structureOperations jurisdictionFranceGeneral natureGendarmerieSpecialist jurisdictionCoastal patrol, marine border protection, marine search and rescue.Operational structureParent agencyNational Gendarmerie National Gendarmerie Components Departmental GendarmerieMobile GendarmerieRepublican GuardMaritime Gendarmerie...

English actress (1928 – 2008) Kathy StaffKathy StaffBornMinnie Higginbottom(1928-07-12)12 July 1928Dukinfield, Cheshire, EnglandDied13 December 2008(2008-12-13) (aged 80)Ashton-under-Lyne, Greater Manchester, EnglandResting placeDukinfield Cemetery and CrematoriumOccupationActressYears active1946–2008Spouse John Staff ​(m. 1951)​Children2RelativesConstance (sister) Kathy Staff (born Minnie Higginbottom; 12 July 1928 – 13 December 2008) was an Engli...

 

Karte des Lissabonner Metronetzes Diese Liste behandelt die U-Bahnhöfe des Lissabonner Metrosystems. Aufgelistet sind alle derzeit bestehenden Bahnhöfe. Das Netz der Metro Lissabon umfasst insgesamt 56 Bahnhöfe bei einer Netzlänge von etwa 45 Kilometern. Auf die insgesamt vier Linien der U-Bahn sind die Bahnhöfe folgendermaßen verteilt (Umsteigestationen werden doppelt gezählt): Linie Strecke Inbetriebnahmen Länge Bahnhöfe Linha Azul Reboleira–Santa Apolónia 1959 bis 2016 14 km 18...

 

British engineer Phebe MannAlma materLoughborough University Cambridge University City, University of London Reading University Surrey University Robert Gordon University University of BuckinghamScientific careerInstitutions University of East London University of Westminster The Open University Phebe Mann Eur Ing CEng MICE FCIArb FRICS FRSA MCIOB FHEA is Chair of the Institution of Civil Engineers London. She is an Associate Professor in highway and transportation at the University of E...

Fictional prose narrative form This article is about the literary form. For other uses, see Novella (disambiguation). Literature Oral literature Folklore Fable Fairy tale Folk play Folksong Heroic epic Legend Myth Proverb Oration Performance Audiobook Spoken word Saying Major written forms Drama Closet drama Poetry Lyric Narrative Nonsense Prose Long prose fiction Anthology Serial Novel/Romance Short prose fiction Novella Novelette Short story Sketch Flash fiction Parable • Rel...

 

Marie SistersOriginLewisville, Texas, U.S.[1]GenresCountryYears active2002LabelsUniversal/RepublicPast membersChaz MarieKessie Marie Marie Sisters was an American country music act composed of sisters Chaz and Kessie Marie. Active only in the year 2002, the duo recorded one album for Universal/Republic Records and charted one single on the Billboard Hot Country Singles & Tracks (now Hot Country Songs) charts. This single, Real Bad Mood, peaked at number 46. History Chaz and Kessie...

 

Wakil Bupati PasamanPetahanaJabatan lowongsejak 3 November 2023Masa jabatan5 tahunDibentuk2000Pejabat pertamaH. Benny Utama, S.H., M.M.Situs webwww.pasamankab.go.id Berikut ini adalah daftar Wakil Bupati Pasaman dari masa ke masa. No Wakil Bupati Mulai Jabatan Akhir Jabatan Prd. Ket. Bupati 1 H.Benny UtamaS.H., M.M. 2000 2005 1   AKBP (Purn.) Drs. H.Baharuddin R.M.M. 2 Drs. H.Hamdi Burhan Dt. BagindoM.Si. 28 Agustus 2005 28 Agustus 2010 2   AKBP (Purn.) H.Yusuf LubisS.H., M.Si....

Coupe de France2022-2023 Généralités Sport Basket-ball Organisateur(s) FFBB Édition 46e Lieu(x) France Monaco Date du 20 septembre 2022au 22 avril 2023 Participants 64 équipes Épreuves 63 matchs sur 7 tours Site(s) Top 8 à l'Arena LoireFinale à l'Accor Arena Site web officiel coupedefrance.ffbb.com Palmarès Tenant du titre Pau-Lacq-Orthez (4) Vainqueur Monaco (1) Finaliste ASVEL Lyon-Villeurbanne Demi-finalistes Le MansStrasbourg Meilleur joueur MVP de la finale : Élie Okobo Na...

 

2017 2029 Élections sénatoriales de 2023 dans le Nord 24 septembre 2023 Type d’élection Élections sénatoriales Postes à élire 11 sièges de sénateur modifier - modifier le code - voir Wikidata  Les élections sénatoriales dans le Nord ont lieu le dimanche 24 septembre 2023. Elles ont pour but d'élire les onze sénateurs représentant le département au Sénat pour un mandat de six années. Contexte départemental Cette section est vide, insuffisamment détaillée ou inco...

 
Kembali kehalaman sebelumnya