Esta ceca foi escollida para a produción das moedas lituanas do sistema do euro, logo do ingreso deste país na Eurozona en 2015.[5]
Historia
Antecedentes
A tradición da cuñaxe de moeda en Lituania remóntase aos tempos de Algirdas (1345-1377), grande duque de Lituania, cando se instituíu a capitalidade do país en Vilnius. A este período corresponden as primeiras emisións de moeda de prata.[6] No entanto, as primeiras mostras das moedas de prata paneuropeas cuñadas en Vilnius (diñeiros, groats, etc.) non se deron ata un século despois, baixo o reinado do grande duque Alexandre (1492-1506).[7]
En 1508, baixo o gran duque Sexismundo o Vello (1506-1544), cuñáronse as primeiras moedas datadas. A emisión de moeda lituana estendeuse no período de Sexismundo Augusto (1544-1572), cando se xeneralizou a cuñaxe dunha gran variedade de valores xa coñecidos en Europa, fundamentalmente diñeiros, groats, táleros e ducados.[7][8][9]
A partir da proclamación da independencia de Lituania o 2 de novembro de 1918 e da introdución da unidade monetaria nacional, o litas, o 1 de outubro de 1922, retomouse a cuñaxe de moeda no país. As moedas de 1925, 1936 e 1938 producíronse algunhas noutros países e outras na factoría de Spindulys en Kaunas.[7]
A súa misión era comezar a cuñaxe das primeiras moedas do novo circulante, que en 1992 se limitaron aos valores de 1, 2 e 5 céntimos (centai). En 1997 continuouse a serie coa introdución das moedas de 10, 20 e 50 céntimos, e en 1998 completouse coa posta en circulación das de 1, 2 et 5 litas (litai). Máis tarde, as moedas de 2 e de 5 litai substituíronse por outras moedas bimetálicas.[11]
A partir de 2015, a Casa da Moeda de Lituania comezou a produción das moedas en euros correspondentes a Lituania, logo da súa entrada na Eurozona o 1 de xaneiro dese mesmo ano.[5]
A partir de 1993, a Casa da Moeda de Lituania comezou a cuñar moedas conmemorativas. A primeira moeda deste tipo foi a de 10 litas (litų) de cuproníquel, emitida para celebrar o 60 aniversario do voo sobre o Atlántico de Steponas Darius e Stasys Girėnas. En 1995 cuñouse a primeira moeda de 50 litas (litų) en prata, con motivo do quinto aniversario da independencia de Lituania.[12]
En 2005 a empresa constituíuse como sociedade de responsabilidade limitada da que o Estado posúe o 100 % das accións, e o Banco de Lituania ocúpase da súa xestión.[13]