O Castelo de Hermann (tamén Hermannsburg ou Castelo de Narva, en estonianoHermanni linnus) é un castelo localizado na cidade de Narva, no extremo oeste de Estonia. A fortificación foi fundada en 1256 polos dinamarqueses, sendo construído en pedra a comezos do século XIV. Os cabaleiros teutónicos da orde Livonia, tomaron o castelo o 29 de agosto de 1346 pertencendo a esta orde durante séculos.
O río Narva separa a fortaleza estoniana da fortaleza rusa de Ivangorod.