Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Castelo de Ponferrada

Castelo de Ponferrada
ben de interese cultural e parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
ConcelloPonferrada
ProvinciaProvincia de León
Comunidade
autónoma
Castela e León
Coordenadas42°32′39″N 6°35′37″O / 42.54416667, -6.59361111
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal1178
Estilo actual1340
Estado actualvisitas
Véxase tamén
Castelos de O Bierzo
editar datos en Wikidata ]

O Castelo de Ponferrada, tamén coñecido localmente como Castelo dos Templarios ou simplemente Castelo do Temple, localízase na cidade e municipio de Ponferrada, na comarca do Bierzo, provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León.

Historia

Antecedentes

Crese que o primitivo poboamento do seu soar, remóntase a un castro prerromano. A construción dunha ponte en época da ocupación romana da Península Ibérica, puido atraer poboadores, dando certa importancia á localidade. Unha pequena fortificación romana entón erguida, foi posteriormente arrasada polos visigodos.

No século XI, o bispo de Astorga, Osmundo (1082-1096), mandou reforzar a antiga ponte cunha estrutura de ferro, ficando a localidade desde entón coñecida como "pons ferrata". Xunto a esta ponte, na poboación, fixo erguer unha igrexa baixo a advocación de San Pedro, adicada principalmente a atender aos peregrinos que chegaban polo camiño de Santiago.

O castelo medieval

Posteriormente, en 1178, o rei Fernando II de Galicia e León (1157-1188), doou a poboación e os seus dominios aos cabaleiros da Orde do Temple, encargándoos da misión de defenderen os peregrinos naquela parte do Camiño. En finais dese século, visando incrementar o seu poboamento e defensa, Ponferrada recibiu a súa Carta de Foral. A primitiva fortificación do local foi reconstruída e ampliada á época polos monxes-cabaleiros, estando concluída en 1282.

Diante da extinción da Orde, en 1311, rexistrouse a disputa da fortificación e os seus dominios entre as familias nobres máis poderosas da rexión até que o rei Afonso XI de Castela (1312-1350) doounos a Pedro Fernández de Castro en 1340, e de aí se mantería nas mans dos Castro até 1374. A partir dese ano, a podo do castelo transitou entre diversos e sucesivos membros da familia real.

Mentres na posesión de Pedro Fernández de Castro reformáronse as torres do antigo castelo e, posteriormente, D. Fadrique Enríquez, duque de Arjona iniciou a construción da Torre del Rastrillo.

Durante o reinado de Pedro I de Castela (1350-1369), a fortificación pertenceu ao seu irmán Henrique de Trastámara, acollendo á galega Xoana de Castro, esposa repudiada do soberano.

En 1440, Ponferrada pasou para a posesión de Pedro Álvarez Osorio, 1º Conde de Lemos, a quen se deben importantes obras no recinto, como a conclusión da Torre del Rastrillo, a nova Torre da Homenaxe, a Torre de Cabrera e a Torre de Monclín, o panel de azulejos, a Sala de Armas e a adega. Tamén foi da súa iniciativa a incorporación de símbolos ao castelo, como unha enigmática inscrición da letra grega Thau, posteriormente confundida coa cruz templária, o que deu lugar a moitas elucubración sobre a súa orixe.

O século seguinte, os Reis Católicos incorporaron a vila e os seus dominios ao patrimonio da Coroa (1486), nomeando como alcalde ao Marqués de Vilafranca, que terminou por adquirir o castelo en 1558.

Entre os séculos XV e XVI reforzouse a Torre de Malvecino e construíuse a de Juan de Torres, a mina ou Coracha e os seus baluartes.

Do século XVI ao século XIX

A partir do século XVI, o descenso de chegada de peregrinos fíxose sentir na vida da vila, que pasou a depender economicamente da súa feira e mercados.

No contexto da Guerra Peninsular, chegou practicamente intacto até 1811, ano en que se ordenou a explosión das fortalezas do interior para evitar que caesen nas mans das tropas napoleónicas. Estas, ao ocuparen Ponferrada en 1809, acuarteláronse no Concello e no Convento da Concepción

Reducido a cascallos, as súas pedras foron reaproveitadas polo Municipio para construír algunhas prazas e un mercado, acaroados ás murallas e que aínda se conservan. O poder público chegou aínda a vender pedras das murallas do castelo para a construción de edificios na cidade.

A Real Academia de las Bellas Artes de San Fernando ordenou á municipalidade que reconstruísse as murallas, devolvéndoas ao estado en que se encontraban, aínda que non foi esixido o derrube das edificación novas que lle foron acaroadas ilegalmente. Esa esixencia non obstante, non foi atendida tendo o castelo que ser arrendado a particulares que o utilizaron como terras de cultivo.

Do século XX aos nosos días

En 1923, a municipalidade tampouco se manifestou cando un grupo de mozos da cidade decidiu crear un club deportivo, facendo construír un campo de fútbol no interior do castelo. Para ese fin derrubaron muros e destruíron outros elementos arquitectónicos de valor.[1] Finalmente, o conxunto foi declarado Monumento Nacional Histórico Artístico en 1924.[2]

A progresiva deterioración causada polos séculos e polos homes levou a que, en 1994 se elaborase o "Plan de Viabilidad del Castillo de Ponferrada" por un equipo de profesionais liderado polo Arquitecto Fernando Cobos.

Dese modo, entre 1995 e 2002, con recursos económicos do Ministerio de Cultura, da Xunta de Castela e León, da Deputación Provincial de León e do propio concello de Ponferrada, executouse un vasto proxecto de intervención arqueolóxica, consolidación e restauración do monumento.

No coñecido como Pazo Novo está aberta a exposición permanente Templum Libri que recolle un cento de obras de diversa temática. Na Torre de Moclín pódense contemplar diversos aspectos da vida cotiá nun castelo. castelo funciona. O conxunto abre ao público de martes a domingo (os mércores a visita é de balde), ofrecendo en ocasións especiais actividades culturais, educativas e de lecer aos seus visitantes. No interior do castelo mantéñense os sitios arqueolóxicos e actividades de estudo cunha biblioteca e un centro de documentación; actividades culturais no museo e sala de conferencias e actividades institucionais na sala de recepcións.

Notas

  1. Luengo y Martínez, José María (1980). El castillo de Ponferrada y los Templarios. Colección Biblioteca berciana. León: Nebrija. ISBN 978-84-391-0012-6. 
  2. "Declaración de Monumento Nacional do Castelo de Ponferrada" (PDF). 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya