O Castelo de Vigo é unha construción defensiva sita nos Montes Penedo de Vigo, entre as parroquias de Sabugueira (Santiago de Compostela) e Vigo (Boqueixón). O estado actual é de ruínas, pero aínda é apreciable unha elevación artificial no cumio do Alto do Castelo, a 498 m de altitude.
Dende esta posición domínanse o val da Ulla e o Pico Sacro, onde había outro castelo, e garda visuais con outros picos: Pico Xesteiras, Monte Xiabre, Outeiro da Meda, Monte Muralla, Iroite, Monte Pindo, Monte Pedroso, Monte Xalo, Serra dos Ancares e Monte Farelo.[1] Na actualidade goza tamén dunha visión privilexiada sobre o aeroporto da Lavacolla.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas