Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Catecismo do labrego

Catecismo do labrego
Autor/aValentín Lamas Carvajal e Arturo Vázquez Núñez
Lingualingua galega
Data de pub.1889
editar datos en Wikidata ]

O Catecismo do labrego[1] é unha obra literaria en prosa escrita por Valentín Lamas Carvajal, en colaboración con Arturo Vázquez Núñez,[2] publicada en 1889 baixo o pseudónimo de Frei Marcos da Portela.

Características

Comezou a súa publicarse en 1888 na revista O Tio Marcos d'a Portela e levaba por título Catecismo do Gallego. O ano seguinte, 1889, editouse de xeito independente en El Eco de Orense co título completo de Catecismo da doutrina labrega composto por R. P. M. Fr. Marcos da Portela, Doutor en Teoloxía Campestre.[3]

Parodiando o Catecismo de la doctrina cristiana, do padre Gaspar Astete que era, daquela, a obra que se empregaba na catequese en Galicia,[4] un labrego responde ás preguntas que se lle fan e arremete contra o alcalde, o secretario, o cacique e as míseras condicións de vida do mundo rural denunciando a dura vida á que estaban sometidos por culpa do asoballamento destes representantes do poder estatal. Por outra banda, e a diferenza de Manuel Curros Enríquez, non critica a Igrexa.[3]

Edicións e traducións

Edicións en galego

Tivo un elevado número de edicións e acadou un enorme éxito popular.[5] En 1967 publicouse na colección O Moucho de Edicións Castrelos, aínda baixo pseudónimo, e en 1968 fixéronse catro reimpresións. Posteriormente o libro apareceu na Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia, na Biblioteca de Autores Galegos do Diario 16 de Galicia, na Biblioteca 114 de El Correo Gallego e na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia.

Traducións

  • Foi traducido ao castelán en 1969 por Carlos Martines e Gabriel Aresti co título de Catecismo de la doctrina labriega e publicado en Editorial Kriselu.[6] Existe tamén unha edición bilingüe de Xesús Alonso Montero publicada en 1990 pola Gran Enciclopedia Gallega co título de Catecismo del campesino.[7]
  • Ao éuscaro en 1969 por Gabriel Aresti co título de Nekazarien Dotrina.[8]
  • Ao portugués en 2004 por Luís Nogueira co título de Catecismo do labrego publicado por Mareantes Editora.[9]

Notas

  1. Carballo Calero 1981, p. 404.
  2. Pérez Placer, Heraclio (1896). Castro, Eugénio de; Silva Gayo, Manuel, eds. "Cuentistas gallegos". Arte: revista internacional (Coimbra) I: 17–20. 
  3. 3,0 3,1 Carballo Calero 1981, p. 411.
  4. Longhini, Nora (2008). Neira Vilas, os anos da Arxentina, 1949-1961: textos recuperados. Col. Memoria. Vigo: Galaxia. p. 135. ISBN 978-84-9865-060-0. 
  5. Fernández del Riego, Francisco, ed. (1957). Escolma de poesía galega. Vol. III (O século XIX). Galaxia. p. 119. 
  6. "Catecismo de la doctrina labriega". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-22. 
  7. "Catecismo del campesino". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-22. 
  8. "Nekazarien Dotrina". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-22. 
  9. "Catecismo do labrego". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-22. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya