Os cetoácidos, tamén chamados oxoácidos, son compostos orgánicos que conteñen un grupo carboxilo e un grupo cetona. Os alfa-cetoácidos son especialmente importantes en bioloxía xa que algúns deles interveñen no ciclo de Krebs e na glicólise.[1] Nalgúns casos o grupo cetona é hidratado.
Beta-cetoácidos ou 3-oxoácidos. Teñen o grupo cetona situado no segundo carbono contado a partir do grupo carboxilo. Un exemplo é o ácido acetoacético.
Gamma-cetoácidos ou 4-oxoácidos. Teñen o grupo cetona situado no terceiro carbono contado a partir do grupo carboxilo. Un exemplo é o ácido levulínico.
Funcións
Os alfa-cetoácidos utilízanse principalmente como fonte de enerxía polas células do fígado (hepatocitos) e na síntese de ácidos graxos hepática.
Un caso especial é o do ácido neuramínico, que é un ácido cetoaldónico ou ulosónico, que leva un grupo cetona e un grupo carboxilo, pero tamén un grupo amino, e grupos OH e forma moléculas cicladas, polo que en vez de como cetoácido se clasifica como azucre ácido.
Notas
↑Nelson, D. L.; Cox, M. M. "Lehninger, Principles of Biochemistry" 3rd Ed. Worth Publishing: New York, 2000. ISBN 1-57259-153-6.
↑"α-Oxocarboxylic Acids" Robert C. Kerber, Marian S. Fernando J. Chem. Educ., 2010, doi10.1021/ed1003096