Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Chato Galante

Modelo:BiografíaChato Galante Serrano

(2019) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) José María Galante Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José María Galante Serrano Editar o valor en Wikidata
27 de abril de 1948 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de marzo de 2020 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteCOVID-19 Editar o valor en Wikidata
Outros nomesChato Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid - enxeñaría de telecomunicacións Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónActivista polos dereitos humanos Editar o valor en Wikidata
Partido políticoLiga Comunista Revolucionaria Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeJusta Montero Corominas Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteJosé María Galante, Dogged Pursuer of Justice for Franco’s Victims, Dies at 71 Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm9523020 Twitter: chato_galante Dialnet: 334269 Editar o valor en Wikidata


José María Galante Serrano coñecido como Chato Galante, nado en Madrid o 27 de abril de 1948 e finado o 28 de marzo de 2020, foi un preso político español e activista polos dereitos humanos, a memoria histórica e o medio ambiente.[1][2]

Biografía

José María Galante tivo once irmáns, todos fillos dun militar franquista. Durante a súa mocidade estudou económicas e ciencias políticas, carreira que non finalizou, escollendo Telecomunicacións na Universidade Complutense de Madrid. Vinculouse co Frente de Liberación Popular (FLP) e foi membro do Sindicato Democrático de Estudantes desde 1967.[3][4]

Tras o asasinato de Enrique Ruano por parte da Brigada Político-Social en 1969, Galante, con 20 anos e militante antifranquista, foi apresado o 5 de outubro de 1969 acusado de actividades subversivas e torturado durante tres días na Dirección Xeral de Seguridade en Porta do Sol de Madrid. Posteriormente, en 1971 formou parte da trotskista Liga Comunista Revolucionaria (LCR), polo que foi detido durante unha concentración estudantil o 24 de febreiro de 1971, mentres estaba activado un estado de excepción, e torturado durante catorce días por Billy el Niño, alias do policía Antonio González Pacheco, tras o cal ingresou no cárcere de Carabanchel acusado de asociación ilícita, propaganda ilegal e insultos ás forzas de orde pública.[3][5][4][6][7][8][9][10]

En setembro de 1971 ingresou no servizo militar obrigatorio, no batallón de castigo Regimiento Pavía N.º 4, en Aranjuez. (foi un batallón de castigo para persoas con antecedentes policiais vinculadas á política e procesados pola Lei de Vagos e Maleantes, en particular homosexuais) Debido ao seu activismo, foi privado da súa liberdade en dúas ocasións máis, o 10 de marzo de 1972 durante un permiso do cuartel e o 11 de decembro de 1973 nunha cafetaría, sendo trasladado a diversas prisións, maltratado e torturado en todas elas. Gran parte do seu encarceramento ocorreu no cárcere de Segovia, onde pouco antes de cumprir a súa condena tentou, xunto a outros compañeiros, unha fuga. En total pasou ao redor de cinco anos preso entre a súa primeira detención e a amnistía de 1976.[3][5][4][6][7][8][9][10]

Tras a súa saída de prisión foi candidato por LCR nas eleccións municipais do Concello de Madrid en 1979 e en 1983.

Posteriormente iniciou un activismo pacifista e ecoloxista, sendo parte da Asociación Ecoloxista de Defensa da Natureza (Aedenat) e Ecoloxistas en Acción.[11][5] En 2008 formou o colectivo de presos políticos no franquismo La Comuna, realizando accións como protestas contra a edificación de vivendas no antigo cárcere de Carabanchel, e recompilando denuncias de torturas sufridas durante a ditadura.[4][9][12]

En 2018 participou no documental El silencio de otros, sobre a loita das vítimas da ditadura de Francisco Franco, como parte da Coordinadora da denominada Querela arxentina formada en xaneiro de 2011.[5][4]

Faleceu o 28 de marzo de 2020 aos 71 anos por mor da enfermidade por coronavirus, sendo lembrado en redes sociais por algúns políticos antifranquistas e da esquerda española.[1][7][10][13][14][15]

Filmografía

Televisión

Cine

Notas

  1. 1,0 1,1 "Fallece el activista y preso del franquismo Chato Galante con coronavirus" (en castelán). 29 de marzo de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  2. Blanco, M. X. (16 de outubro de 2019). "Una víctima de Billy El Niño participa en Ribeira en una jornada sobre memoria histórica" (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Amorós Quiles, Mario (2 de abril de 2014). Argentina contra Franco: El gran desafío a la impunidad de la dictadura (en castelán). AKAL. ISBN 978-84-460-3979-2. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Chato, víctima del franquismo: "El PSOE ha gobernado mientras había militantes suyos en las fosas"" (en castelán). 18 de novembro de 2018. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Barbarroja, Cristina (7 de xullo de 2015). "Chato Galante, el azote de la desmemoria". Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  6. 6,0 6,1 "Equipo de Investigación | José María 'Chato' Galante, víctima de Billy el Niño: "Le recuerdo dando gritos a lo Bruce Lee y dándote golpes de kárate"" (en castelán). 22 de febreiro de 2019. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Muere Chato Galante, activista y expreso político del franquismo, por coronavirus" (en castelán). 29 de marzo de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  8. 8,0 8,1 Luna, Victoria (9 de abril de 2014). "'Chato', una de las víctimas de 'Billy el Niño': "Era un torturador compulsivo, disfrutaba con ello"" (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  9. 9,0 9,1 9,2 García, Ter (18 de xaneiro de 2018). "Willy Meyer y Chato Galante denuncian las torturas que sufrieron durante el franquismo" (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Río, Nacho del (29 de marzo de 2020). "Adiós a 'Chato' Galante, eterno azote del franquismo y defensor de la libertad torturado por Billy el Niño" (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  11. Puertas, Sara (2015). "José María Galante "Chato": "la cárcel ha sido mi universidad. Allí empecé a leer sobre ecología" (87): 54–55. ISSN 0211-6472. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  12. 12,0 12,1 Gorman, David (16 de decembro de 2018). "TV3 estremece explicando las torturas de policías condecorados por el Estado". Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  13. "Muere por coronavirus el activista y expreso político madrileño Chato Galante" (en castelán). 29 de marzo de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  14. "O BNG lamenta a morte do antifranquista Chato Galante, un "exemplo de loita pola xustiza"". 29 de marzo de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  15. Agencia EFE (29 de marzo de 2020). "Mor l'activista i ex pres polític antifranquista Chato Galante per coronavirus" (en catalán). Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  16. Heras Bretín, Rut de las (20 de decembro de 2017). "Un documental repasa los crímenes franquistas y pide justicia". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  17. "La causa contra Franco que nunca veremos" (en castelán). 25 de setembro de 2018. Consultado o 29 de marzo de 2020. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya