Coel Hen ou Coel o vello (en galés: Coil) é o nome dun rei lendario das tribos celtas do norte de Inglaterra e sur de Escocia no século IV. Isto correspóndese co que os galeses chaman Yr Hen Ogledd.
O período do 410 ao 455 foi unha "Idade Escura" en Inglaterra, de anarquía tribal, guerras, fames negras e conflitos relixiosos, pese ao cal Coel Hen puido manter o reino unido. O seu territorio coñeceuse como Yr Hen Ogledd, en galés "O Vello Norte".[4]
Á súa morte, o seu reino teríase dividido entre os seus fillos ou os seus comandantes, co que gradualmente a organización tornou ás súas bases tribais históricas. Algúns deses reinos foron Gododdin, Alt Clut, Novant, Rheged, Bernicia e Elmet.
Moito tempo despois, en xenealoxías do século XII, os seus reis eran chamados Gwyr e Gogledd ("Homes do Norte")[5] e adoitaban ser considerados descendentes de Coel Hen.
Notas
↑Coel podería derivar do nome latino "Coelistius" o "Coellius".