O Concilio de Lugo (a. 569) foi un sínodocatólico da Gallaeciaconvocado, segundo afirman os textos onde se conservou a noticia, polo rei suevoTeodomiro o 1 de xaneiro do ano 569 (era DCVIIª) "para confirmar a fe católica e por outras causas da Igrexa".
Historia
Así, finalizado o conciliocanónico pasaríase á lectura dunha carta do rei na que, para a mellor administración do reino, convidaba aos padres conciliados en Lugo a ergueren novos bispados, e a elixiren, debido á grande extensión do país, unha outra sé metropolitana; escolleran entón os bispos a sé de Lugo para que fose metropolitana "así como Braga", e repartiran a cada catedral asdioceses e parroquias que lles correspondían, "para que non ocorrese entre os bispos contenda ningunha"[1].
É de notar que, perante a falta de actas deste sínodo (o documento só contén, ademais da noticia introdutoria, unha lista coas dioceses do reino dos suevos), algúns historiadores, con Henrique Flórez á cabeza, concluíron que a celebración do concilio de Lugo era moi dubidosa, e que eran falsos ou serodios os documentos onde ela se contén[2]. Pierre David, pola contra, estabeleceu a autenticidade básica (Parochiale sueuum) do repartimento diocesano que figura no texto dos documentos coñecidos como Concilio de Lugo, aínda que fixou a súa redacción entre os anos 572 e 582 (quer dicir, despois do segundo Concilio de Braga e so o reinado de Miro, sucesor de Teodomiro), e entendía que o limiar coa nova do Concilio e a lectura da carta do rei era unha confusa adición do século VII[3].
BRITO, Bernardo de (1609): Monarchia Lusytana, II, Lisboa, lib. VI, 194v-196 [edición facsímile con introdución de A. da SILVA REGO e notas de A. A. BANHA DE ANDRADE e M. dos SANTOS ALVES (2004): Monarquia lusitana, Imprensa Nacional-Casa da Moeda, Lisboa.
Corpus christianorum (ed. 1965): “Parochiale sueuum (seu Diuisio Theodemiri seu Concilium Lucense a. 569)”, Series Latina, CLXXV: Itineraria et alia geographica, Brepols, Turnhout.
CONTADOR DE ARGOTE, Jeronymo (1734): Memorias para a historia ecclesiastica do arcebispado de Braga, primaz das Hespanhas, II, Lisboa, 849-852 (trad. port. 853-856).
DAVID, Pierre (1947): Études históriques sur le Galice et le Portugal du VIe au XIIe siècles, L’Institut Français au Portugal, Lisboa-París.
FLÓREZ, Henrique (1749): España sagrada, IV, Madrid.
HUERTA Y VEGA, Fco. Xavier de la (1733): Anales de el Reyno de Galicia, I, Santiago de Compostela.
LOAÍSA, Garsia de (ed. 1593): Collectio conciliorum Hispaniæ, Madriti.
MANSI, Joannes Dominicus (ed. 1763): Sacrorum conciliorum noua et amplissima collectio, IX (a. 536-590), Florentiae.
RISCO, Manuel (1796): España sagrada, XL, ap. V, Madrid.
SÁENZ DE AGUIRRE, Joseph (ed. 1694): Collectio maxima conciliorum omnium Hispaniæ et Noui Orbis, II, Roma.
TVDENSIS, Lucae (1608): Chronicon mundi, lib. III, in Hispaniae Ilustratae, IV, I, Francofurti.