Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Consello da Avogacía Galega

Consello da Avogacía Galega
Tipocolexio profesional
Campo de traballodereito
Data de fundación1993
Localización
EnderezoRúa Federico Tapia, 11, 1ºA 15005
EnA Coruña
PaísGalicia
43°21′51″N 8°24′23″O / 43.364097650068, -8.4063011241728
Na rede
https://avogacia.gal/
Facebook: Avogacia Twitter: avogacia LinkedIn: consello-da-avogacía-galega Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Consello da Avogacía Galega (CAG) é o órgano que aglutina e coordina os colexios da avogacía de Galicia. A el pertencen os colexios da avogacía da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo. Ten as mesmas competencias ca o Consello Xeral da Avogacía Española en tanto se refiran unicamente á Comunidade Autónoma de Galicia. Entre elas, a representación da profesión, o exercicio da potestade disciplinaria e o control deontolóxico dos membros da profesión e a formación continua dos profesionais da avogacía.

Creación e traxectoria

Esta Corporación de Dereito Público foi creada por Decreto 130/1993, de 3 de xuño de 1993, da Xunta de Galicia, pola que se aprobaron os seus estatutos. Aglutina, polo tanto, uns 13 500 profesionais, dos que case que 7000 son avogados/as en exercicio.

A sede do Consello da Avogacía Galega está situada na cidade da Coruña, por ser o lugar onde ten á súa sede o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Organización e estrutura

O Consello está dirixido por un pleno, ao que pertencen os decanos e decanas dos sete colexios da avogacía galegos. De entre eles, designan a un Presidente. Conta ademais cunha secretaría técnica e diversas comisións para o desenvolvemento dos seus fins.

Foron Presidentes do CAG:

Recoñecementos

  • No ano 2008, a Fundación Lois Peña Novo outorgou ao Consello o seu Premio "pola transcendencia dun labor corporativo eficazmente planificado de cara á extensión e mellora do uso do galego en tódolos ámbitos da administración de xustiza, así como en cada sector institucionalmente relacionado coa avogacía"[2]
  • No ano 2020, o Goberno de España, por solicitude da Delegación do Goberno en Galicia, entregou o Premio Meninas 2020 a Consello da Avogacía Galega, polo labor da avogacía de oficio de Galicia na defensa das mulleres vítimas de violencia de xénero.[3]

Actividades

Ademais das funcións tradicionais de natureza administrativa, como a tramitación e resolución de recursos en materia deontolóxica e as relacións con outras institucións e administracións, o Consello da Avogacía Galega na actualidade dedica esforzos no ámbito da formación dos avogados e avogadas de Galicia, mediante o establecemento dun programa en materias do exercicio profesional coma mediación, dereito de estranxeiría, procedemento penal do menor, violencia sobre a muller, deontoloxía profesional, etc.

Ademais o Consello da Avogacía Galega apoiou desde 2006 a consecución do dominio para a cultura e lingua galega en Internet .gal, formando parte do órgano de goberno da entidade promotora, a Asociación Puntogal na actualidade.

Notas

  1. Melchor, Xurxo (13-4-2016). "«La Justicia necesita más jueces, y leyes con más sentido común»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 15-10-2019. 
  2. "Galeguizar Galicia". www.galeguizargalicia.com. 24/06/2004. Consultado o 2023-12-30. 
  3. "istado de reconocimientos". mpt.gob.es/ (en castelán). 2020. Consultado o 31 de decembro de 2023. 
Kembali kehalaman sebelumnya