O Consello de Ministros de España é un órgano colexiado político constitucional formado polo presidente do Goberno, os vicepresidentes e máis os ministros. Habitualmente reúnense os marteslaborables ás 10:00 horas no Palacio da Moncloa, en Madrid, non obstante con carácter excepcional pódese celebrar en calquera día e hora e en calquera outra parte do territorio nacional. Tamén con carácter excepcional pode ser presidido polo rei de España, a petición do presidente do Goberno, en cuxo caso o Consello delibera en presenZa do rei sobre os asuntos de Estado, de acordo co disposto no artículo 62 da Constitución, non podendo en ningún caso tomar acordos en presenZa do xefe do Estado.
A convocatoria e a presidencia do Consello de Ministros corresponde ao presidente do Goberno, actuando como secretaria a vicepresidenta primeira do Goberno e ministra da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática.As súas reunións, das que se levantará acta pública, poderán ter carácter deliberante e/ou decisorio. Nas actas figurarán, exclusivamente, as circunstancias relativas ao tempo e lugar da súa celebración, a relación de asistentes, os acordos adoptados e os informes presentados. Non poderán recollerse, por tanto, nin os votos particulares nin as deliberacións que manteñan os distintos membros do Goberno, xa que estas por ley son de carácter secreto.
En canto ao réxime de funcionamento, ás reunións do Consello de Ministros poderán asistir os secretarios de Estado cando sexan convocados. En tal caso, os secretarios de Estado convocados, con carácter previo ao inicio da reunión, deberán prestar xuramento ou promesa de manter o secreto das deliberacións do Goberno.
Funcións e control
Exerce a función executiva e ostenta potestade reglamentaria:
Ten iniciativa lexislativa, aproba os proxectos de lei e somete a aprobación do Congreso dos Deputados e do Senado.
Dicta normas con rango de lei que as Cortes Xerais lle delegan.
Dicta decretos leis por urxente necesidade.
Garantiza o cumprimento dos tratados internacionais e resolucións de organismos internacionais e supranacionais.
Elabora os proxectos de planificación (Presupostos Xerais do Estado), que serán á súa vez aprobados polas Cortes Xerais.
Ao igual que sucede en casi todos os demais países, en España o Goberno é o órgano predominante do Estado, pero Isto non implica que non estea sometido a ningún tipo de control. De feito o Goberno, segundo establece o artículo 108 da Constitución, debe responder solidariamente na súa xestión política ante o Congreso dos Deputados; e pode ser interpelado por esta última e polo Senado cando estas llo reclamen.
Estrutura e composición
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
←Goberno de Pedro Sánchez → (13 de xaneiro de 2020 - ...)