Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Consoante palatal

As consoantes palatais son consoantes articuladas co corpo da lingua elevado contra o padal duro (a parte media da cavidade superior da boca). As consoantes articuladas co ápice da lingua curvada cara a atrás contra o padal chámanse retroflexas.

As consoantes palatalizadas son consoantes con outra articulación primaria que teñen como articulación secundaria a articulación palatal, é dicir, estas consoantes pronúncianse ademais de coa obstrución ou estreitamento no punto de articulación primario articúlanse coa elevación da parte media de lingua cara ó padal duro. Este tipo de articulación palatalizada é común en moitos fonemas das linguas eslavas e en moitas consoantes palato-alveolares doutras linguas.

As consoantes palatais que teñen signos específicos no Alfabeto Fonético Internacional son:

AFI Descrición Exemplo
Lingua Ortografía AFI Significado
Nasal palatal Castelán año [aɲo] 'Ano'
Oclusiva palatal sorda Húngaro hattyú [] 'cisne'
Oclusiva palatal sonora Margi ɟaɗí [ɟaɗí] 'chepa dunha vaca'
Fricativa palatal sorda Alemán nicht [çt] 'non'
Fricativa palatal sonora Castelán rayo [raʝo] 'raio'
Aproximante palatal Inglés yes [jɛs] 'si'
Aproximante lateral palatal Italiano gli [ʎi] 'os' (masculino plural)
Implosiva palatal sonora Suahili hujambo [huʄambo] 'ola'
clic palatal Nǁng ǂoo [ǂoo] home

Véxase tamén

Bibliografía

Kembali kehalaman sebelumnya