A Copa Mundial de Clubs da FIFA, máis coñecida como Mundial de Clubs, é a competición de fútbol a nivel de clubs máis importante do mundo que dá o título mundial.[1][2][3]
Nela participan os clubs campións das seis confederacións afiliadas á FIFA. O torneo organízase cada ano e reúne aos equipos campións das competicións continentais da AFC, CAF, Concacaf, Conmebol, UEFA e OFC e, a partir da edición de 2007, ao campión do país organizador.
No 2010, pola primeira vez un club de África xogou a final. O Mazembe eliminou o Internacional na semifinal polo marcador de 2-0, perdendo na final 3-0 ante o Inter de Milán.
↑"FIFA Club World Championship TOYOTA Cup 2005"(PDF). FIFA Report 2005 (Zürich: Fédération Internationale de Football Association): Páxinas 5, 19. decembro de 2005. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 08 de agosto de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
↑"FIFA Club World Cup 2017"(PDF). FIFA Report 2017 (Zürich: Fédération Internationale de Football Association): Páxinas 15, 40, 41, 42. decembro de 2017. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 30 de decembro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
↑"FIFA Club World Cup 2017"(PDF). FIFA Regulation CWC 2017 Páxina 37 (Zürich: Fédération Internationale de Football Association). decembro de 2017. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 15 de decembro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.