Copa de Europa de hóckey a patíns 2011-2012
A cuadraxésimo sétima edición da Copa de Europa de hóckey a patíns masculina (denominada Liga Europea dende a tempada 2007-08) comezou o 19 de novembro do 2011 coa primeira xornada da fase de grupos e finalizou o 27 de maio do 2012 coa disputa da final. Nesta edición proclamouse campión o HC Liceo da Coruña tras derrotar por 4 goles a 2 ao FC Barcelona na final disputada na cidade italiana de Lodi, conseguindo así o equipo galego o seu sexto título da máxima competición continental e revalidando o título conseguido a tempada anterior.
Equipos participantes
Dado que o campión da Liga Europea 2010-11, o HC Liceo, obtivo unha praza na fase de grupos a través da súa clasificación na OK Liga, quedou vacante unha praza na fase de grupos. O CERH decidiu que o antigo criterios para aceptar aos clubs, empregando un ranking de clubs, remataría na tempada 2011-12. Na tempada 2011–2012 os clubs que participaron foron seleccionados empregando un criterio similar ao da UEFA Champions League, un ranking de países. Na seguinte táboa pode verse o número de equipos por cada país e a clasificación das distintas ligas:[1]
Os 16 equipos participantes son o campión da edición anterior da Liga Europea (o HC Liceo), o campión da Copa CERS 2011 (o SL Benfica) e os equipos campións das súas respectivas ligas ou campionatos nacionais, aínda que o campión da liga inglesa, o Middlesbrough RHC renunciou a participar en competicións continentais, disputando en representación de Inglaterra a Copa CERS 2012 o Herne Bay United, polo que foi substituído polo ERG Iserlohn alemán, pasando a haber dous clubs alemáns.
Destes 16 equipos participantes cinco pertencen á OK Liga (Estado español), catro ao Campionato Portugués (Portugal), tres á Serie A1 (Italia), dous á 1 Bundesliga (Alemaña), un á Nationale 1 (Francia), e outro representante da LNA (Suíza).
Sistema de competición
Esta edición da Liga Europea consta de dúas fases: unha primeira fase de grupos e unha final a oito (Final Eight).
Durante a fase de grupos, cada equipo enfróntase a dobre partido (ida e volta) contra os outros tres integrantes do seu grupo. Cada vitoria conta 3 puntos, o empate reparte un punto a cada un dos equipos, e a derrota non suma ningún punto. Os dous mellores equipos de cada grupo ao final das seis xornadas desta fase clasifícanse para a Final Eight. A composición dos catro grupos decidiuse mediante un sorteo que tivo lugar en Genève (Suíza) o 9 de setembro de 2011[2]. Os 16 equipos repartíronse en catro grupos do seguinte xeito:
Fase de grupos
Grupo A
Grupo B
Grupo C
Grupo D
Final a 8
A Final a Oito da Liga Europea 2011-2012 disputouse entre os días 24 e 27 de maio de 2012. Esta fase final tivo lugar no PalaCastellotti de Lodi (Italia), o recinto deportivo máis grande da cidade lombarda con capacidade para 2.655 espectadores. Nesta fase disputáronse 7 partidos, marcándonse un total de 55 goles (cunha media de 7,86 goles por partido), e os máximos goleadores foron Massimo Tataranni e De Oro (ámbolos dous do Hockey Valdagno) con cinco goles cada un.
O evento foi organizado polo Amatori Lodi, coa colaboración do Hockey Valdagno e da Lega Nazionale Hockey[3][4]. O cadro de competición foi determinado mediante sorteo celebrado na cidade portuguesa de Lisboa o 15 de abril de 2012[5].
Resultados
Cuartos de final
SL Benfica
|
5-11
|
Hockey Valdagno
|
25 de maio de 2012 – PalaCastellotti, Lodi Asistencia: 1.300 Árbitro: F. García (ESP) e Valverde (ESP)
|
Rodrigues 36'19" Diogo Rafael 37'59" Viana 45'15" 47'19" Sérgio Silva 47'48"
|
|
Tataranni 13'22" 39'08" 46'26" 48'58" De Oro 14'44" 16'34" 34'14" 40'42" 44'11" Nicolía 24'27" F. Rossi 35'52"
|
|
Semifinais
Final
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
|