Wari, como se chamaba a antiga capital, está situada a 11 km ao nordeste da moderna cidade de Ayacucho, no Perú. Esta cidade foi o centro dunha civilización que cubriu gran parte das terras altas e da costa do Perú actual. Os restos mellor conservados, ademais das ruínas da capital, son as ruínas de Cerro Pátapo recentemente descubertas preto da cidade de Chiclayo e Cerro Baúl en Moquegua. Tamén son moi coñecidas as ruínas Pikillaqta ("Cidade das pulgas"), a pouca distancia ao sueste de Cuzco en ruta ao lago Titicaca.