Cumbria[1] é un condado administrativo situado na zona noroeste de Inglaterra, no Reino Unido. Os seus límites están no mar de Irlanda ao oeste e o cordal dos Peninos ao leste. A súa capital é Carlisle. Ocupa unha área de 6.768 km² e a súa poboación aproximada é de 489.829 habitantes. A segunda cidade maior de Cumbria é Barrow-in-Furness cunha poboación de 71.980 habitantes.
Componse de seis distritos: Allerdale, Barrow-in-Furness, Carlisle, Copeland, Eden e South Lakeland.
Cumbria creouse en 1974 e cobre os condados tradicionais de Cumberland e Westmorland, máis a zona dos Furness do condado de Lancashire e unha zona de Yorkshire. O nome "Cumbria" utilizouse para designar a rexión durante séculos.
Despois da creación do condado administrativo de Cumbria, algúns habitantes, sobre todo os que naceron ou medraron na zona, seguen referíndose á zona de Furness polo nome tradicional do seu condado: Lancashire.
A cultura da zona foi céltica e o seu nome deriva do nome da área en lingua cúmbrica. Está conectado etimoloxicamente co termo galésCymru que significa Gales. Cumbria é unha das zonas máis celtas de toda Inglaterra.
En Cumbria encóntrase o Parque Nacional Lake District, considerado unha das zonas máis fermosas de toda Gran Bretaña. O punto máis alto do condado (e de toda Inglaterra) sitúase en Scafell Pike cunha altura de 978 metros sobre o nivel do mar.
↑Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN9788482887524. Cumbria (RU)