16 de maio - O gobernador español de Xamaica, Rodríguez de Arellano, asina a capitulación perante o xeneral Venables, obtendo así Inglaterra obtén a illa. O traspaso ficará confirmado en 1660 e 1670.
Christian Huyghens, científico holandés, da a coñecer que Saturno está arrodeado por un anel que non o toca. Descobre tamén o satélite do planeta, que dous séculos despois será denominado Titán.
17 de febreiro - As tropas españolas recobran a praza-forte de Salvaterra de Miño, na antiga Provincia de Tui, en poder dos portugueses desde anos atrás, os cales, no tempo da súa pose, a rebautizaran como Salvaterra de Portugal.
O holandés Christiaan Huygens observa unha mancha en Marte, que nomea como Syrtis Major. A través da súa observación determina un período de rotación do planeta en 24,5 horas, medición moi aproximada ás actuais.