Daniel Casalderrey Castro, nado en Portas o 20 de novembro de 1928 e finado en Baión (Vilanova de Arousa) o 10 de xuño de 2017,[1] foi un político galego.
Traxectoria
Empresario agrícola. Foi Presidente da Agrupación de Cosecheros de Albariño de Salnes, Secretario xeral da Asociación de Agricultores y Ganadores de Pontevedra (AGAP), vogal do Consello Directivo da Caixa Rural Provincial de Pontevedra e presidente da Cámara Agraria Provincial de Pontevedra. Militou no Partido Gallego Independiente e integrouse na UCD. Foi senador (1979-1982), conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia (1979-1982).
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, Arousa, 13-6-2017, p. 6.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas