David Callejón, nado en Barcelona o 9 de decembro de 1981, máis coñecido como David Guapo, é un humorista e cantautor catalán.[1]
Traxectoria
Comezou a súa carreira como músico tocando a guitarra nalgúns pubs de Barcelona.[2] Aínda que a súa estrea na televisión tivo lugar na canle de pay-per-view Paramount Comedy, Berto Romero descubriuno durante unha das súas actuacións e deulle a oportunidade de colaborar en Buenafuente.[1][3] Tamén colaborou en programas como Sé lo que hicisteis,[4] El hormiguero, Ya te digo de Europa FM, e Las mañanas de la Cope a carón de Ernesto Sáenz de Buruaga.[5] O salto definitivo deuno despois das súas aparicións no Club de la Comedia, así iniciou a xira en solitario para todo o territorio español. Tamén fixo de actor para o filme Casting e na curtametraxe La muerte es cosa de dos, da que tamén é produtor.[6]
Como músico, David Callejón lanzou un disco homónimo no mercado, no ano 2007.[7]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas