David Lariño Nieto, nado en Esteiro (Muros) o 22 de maio de 1989, é un gran mestre de xadrez galego.[1] Na lista Elo da FIDE para novembro de 2020, tiña un Elo de 2461 puntos, o que o converteu no 44 xogador (activo) de España.[2] O seu máximo Elo foi de 2.521 puntos, na lista de maio de 2013 (posición 700 na clasificación mundial).[3]
Resultados destacados en competición
Lariño gañou campionatos estatais españois en practicamente todas as categorías por idades; en 1999 foi campión de España sub-10, en 2000 e 2001 campión de España sub-12, no 2003 campión de España sub-14, en 2004 e en 2005 campión de España sub-16 e en 2006 en Pontevedra foi subcampión de España de xadrez rápido, empatado a puntos co campión, Salvador Gabriel do Río[4] en 2007 foi quinto en Madrid (Torneo de Mestres da Federación Madrileña, o campión foi Renier Vázquez Igarza).[5][6][7][8][9][10][11]
En 2008 foi campión de España absoluto, en Ceuta superando ao GM Julen Arizmendi[12] nunha axustada final, converténdose así o primeiro galego en gañar este título, e o segundo xogador máis novo da historia en facelo, por detrás de Arturo Pomar.[13][14][15][14][16] Así mesmo gañou o VIII Campionato de España individual aberto, en Logroño en 2008.[17] En 2009 venceu no Aberto de Vitoria-Gasteiz.[18]
En setembro de 2010 foi subcampión do Aberto de Vallfogona de Balaguer con 8½ puntos de 11 (o campión foi Víktor Moskalenko).[19]
En 2013, consegue o título de Gran Mestre.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas