O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de decembro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.
Ademais da máis coñecida denominación popular de Nadal ou mes de Nadal, por razóns obvias, decembro tamén recibe o nome de mes de Santa Baia, en Dumbría (Constantino García González).
O Nadal
A festividade popular máis destacada do mes de decembro é o Nadal, conxunto de celebracións que comezan coa Noiteboa, na noite do 24 de decembro, e rematan cos Reis, o 6 de xaneiro. Esta festa dálle nome ó propio mes de decembro, tamén coñecido como Nadal ou Natal.
Na cea de Noiteboa servíase un prato máis para que os familiares mortos puidesen compartir coa familia esta celebración. Tamén deixábase a mesa sen recoller para que comesen as ánimas dos ausentes, para os que tamén se deixaba a lareira acesa. Deste xeito, podían gozar de calor e comida na casa á que pertencían.
Outro costume destas datas era deixar na lareira un gran tronco, denominado Tizón de Nadal, que había permanecer encendido desde a Noiteboa ata Aninovo, conservándose logo o resto do ano para protexe-la casa das treboadas.
Léxico
Cepo do nadal: dise do home gordecho e pequeneiro.
Se para Santa Lucía non hai neve na pía, haina para o outro día.
Se polo Nadal neva, todo se aleda.
Se treboa por santo Tomás, inda o inverno está por marchar.
Sementeira na semana de San Román nin palla nin gran; sementeira na de Santa Baia, gran e mais palla[29].
Tantos días de sol en nadal como de auga en San Xoán.
Un mes antes, e outro dispois de Navidá, é inverno de verdá[30].
Cantigueiro
Déano-lo aguinaldo/ anque sea pouco/ un bo bacalao/ e mais metá doutro,/ de postres compota/ e tamén castañas/ boenas e bien grandes/ un molete enteiro/ e un queixo de Flandes./ Diolo pague, Señora,/ Dios queira que d'hoxe un ano/ me dea usté el aguinaldo/ con sus queridiñas manos.
O dous de Nadal/ con vento do alto/ morréuselle a cabra/ a don Jose Pardo[31].
Señor Xués non me prenda/ que eu lle direi a verdá,/ que lle estuven cunha nena/ a noite de Navidá.
Son voltas, son voltas,/ son voltas que o mundo dá,/ son voltas, son voltas/ da noite de Navidá[32].
Notas
↑A Concepción de María celébrase o 8 de decembro. Arribazón designa unha grande afluencia de peixe nunha determinada época do ano (arribazón de sardiña).
↑Aplícase en Santiago e arredores a cando chove suave e regularmente por Nadal, o que favorecerá claramente a colleita de centeo. Eugenio Reguera y Pardiñas: Traducción de algunas voces, frases y locuciones gallegas, especialmente de agricultura, al castellano (1840-1858), ed. de J. L. Pensado (Cadernos de Lingua, RAG, 1995.
↑Aníbal Otero: Vocabulario de San Jorge de Piquín, 1977, s.v. morto. Aníbal Otero aplícao ó mes de decembro, pero cómpre observar que a denominación de mes morto se lle dá usualmente ó mes de novembro.
↑San Uxío, 15 de novembro; Santa Baia debe ser o 10 de decembro (Santa Baia de Mérida), aínda que podería ser o 12 de febreiro (Santa Baia de Barcelona).
↑Santa Eulalia é unha forma culta por santa Baia, de introdución recente por cadrar co castelán.