Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Democracia Galega

Democracia Galega foi un partido de centro galeguista fundado en 1997, que permaneceu cinco anos no panorama político galego. Ocupou o quinto posto entre as forzas a nivel autonómico, e o cuarto a nivel municipal. Estivo presidida por Enrique Marfany.

Democracia Galega acadou nas eleccións municipais de 1999 o goberno municipal de Ordes e Touro (os dous na provincia da Coruña), así como concelleiros no Corgo, Friol e A Pobra do Brollón en Lugo, Agolada en Pontevedra, e en Melide e Boimorto na Coruña.

O declive do partido comezou tralos resultados das eleccións autonómicas de 2001 cando perderon o 40,9% do seu electorado, pasando de 17.000 votos a case 7.000.

O 2 de xullo de 2002 anunciou a súa disolución como partido e a dirección pediu aos seus militantes que se integrasen no Partido Popular de Galicia. O documento de desaparición final como formación política asinouse o 5 de xullo de 2002.

Kembali kehalaman sebelumnya