Derek Walcott, nado o 23 de xaneiro de 1930 en Castries (Santa Lucía) e finado o 17 de marzo de 2017 na mesma illa, foi un escritor en lingua inglesa procedente de Santa Lucía. Gañador do Nobel de Literatura no ano 1992, destaca especialmente como poeta e como autor dramático.
Traxectoria
Na súa obra, vinculada ao realismo máxico, ten unha especial relevancia a mestizaxe cultural, producindo versións propias dos vellos mitos europeos. Considérase un dos representantes da literatura poscolonial. A súa escrita é barroca e emprega un inglés que recolle moitas das súas variantes caribeñas. En 1953 emigrou a Trinidad e Tobago, onde fundou o Obradoiro de Teatro de Trindade e comezaría a escribir as súas primeiras obras dramáticas. Hoxe é catedrático de literatura e composición da Universidade de Boston.
Escolma de obras
- Dream on monkey mountain (teatro, 1970)
- Another Life (1973)
- Sea Grapes (1976)
- The star-apple kingdom (1979)
- The fortunate traveller (1981)
- Midsummer (1984)
- The Arkansas testament (1987)
- Omeros (1990)
- The Bounty (poemas, 1997)
|
---|
1901–1925 | | |
---|
1926–1950 | |
---|
1951–1975 | |
---|
1976–2000 | |
---|
Dende 2001 | |
---|