Destino de cabaleiro (en inglés: A Knight's Tale) é un filme estadounidense de aventuras dirixido, producido e escrito por Brian Helgeland. Está protagonizado por Heath Ledger, Shannyn Sossamon, Mark Addy, Alan Tudyk, Rufus Sewell, Paul Bettany, e James Purefoy. Estreouse en galego na TVG o 23 de decembro de 2009.[2]
Sinopse
Idade Media, século XIV. William é un xove plebeo extraordinariamente dotado para as xustas e os torneos de cabaleiros. Trala repentina morte do seu señor Sir Ector, en compaña dos seus amigos e escudeiros Roland e Wat, lánzase á aventura e faise pasar por un nobre cabaleiro. Durante as súas viaxes coñecerá a Chaucer, un escritor que creará para el unha árbore xenealóxica que xustifique o título nobiliario do que se apropiou.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas