Die Brücke é un filme alemán de 1959 dirixido polo austríaco Bernhard Wicki. Baséase na novela homónima do xornalista e escritor Gregor Dorfmeister (publicada baixo o alcume Manfred Gregor). A historia está baseada en feitos reais en base a un informe persoal dun veterano sobrevivente que na súa xuventude experimentou unha situación semellante durante a segunda guerra mundial.
Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 32ª edición dos premios.
Sinopse
Alemaña, 1945. A segunda guerra mundial está rematando e neste contexto un grupo de adolescentes dunha pequena vila é mobilizado pola Wehrmacht, ante a escaseza de soldados adultos, e élles encomendada unha misión: protexer unha ponte a toda costa fronte ao ataque dos aliados.
Personaxes
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
Alemaña Occidental | | |
---|
Alemaña Oriental | |
---|
Alemaña | |
---|