Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Dimitri Tiomkin

Modelo:BiografíaDimitri Tiomkin

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Дмитрий Зиновьевич Тёмкин Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de maio de 1894 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Kremenchuk, Ucraína (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de novembro de 1979 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortefratura da anca (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
EducaciónConservatório de São Petersburgo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica cinematográfica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo San Petersburgo
Hollywood
Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpianista, compositor de bandas sonoras, produtor de cinema, director de orquestra, compositor, arranxador musical Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1929 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica cinematográfica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFelix Blumenfeld (pt) Traducir, Isabelle Vengerova (pt) Traducir, Aleksandr Konstantinovitch Glazunov (pt) Traducir, Ferruccio Busoni (pt) Traducir e Egon Petri Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeOlivia Cynthia Mary Patch (1972–)
Albertina Rasch (1927–1967) Editar o valor en Wikidata
PaiQ4468056 Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webdimitritiomkin.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0006323 Allocine: 39373 Allmovie: p114221 IBDB: 21649
BNE: XX838534 Musicbrainz: 0ed6e209-dd4d-4c47-b6d0-c3a1ae06fef5 Discogs: 621175 Allmusic: mn0000822148 Find a Grave: 11361 Editar o valor en Wikidata

Dimitri Zinovievich Tiomkin, (en ruso, Дмитрий Зиновьевич Тёмкин, en ucraíno Дмитро́ Зино́війович Тьо́мкін), nado en Kremenchuk (hoxe en Ucraína) o 10 de maioxul./ 22 de maio de 1894greg. e finado en Londres o 11 de novembro de 1979 foi un compositor cinematográfico de Hollywood de orixe ucraíno.

Traxectoria

Dimitri Tiomkin naceu no Imperio Ruso nunha familia de orixe xudía.[1] O seu pai, Zinovy Tiomkin foi un recoñecido patólogo e logo un líder sionista. A súa nai, Marie Tartakovskaya,[2] era música e comezou a ensinar piano a Tiomkin de moi novo.

Estudou no conservatorio de San Petersburgo con Felix Blumenfeld e harmonía con Alexander Glazunov, mentor de Sergei Prokofiev e Dmitrii Shostakovich.[3] En 1920, foi un dos principais organizadores de dous espectáculos de masas, o "Misterio do Traballo Liberado" e "O asalto do Palacio de Inverno".[4] Durante a súa etapa en San Petersburgo traballou tocando o piano en numerosos filmes mudos rusos.[3]

Debido a que a revolución diminuíra as oportunidades para os músicos clásicos en Rusia, marchou a Berlín para vivir co seu pai. Mudouse logo a París co seu compañeiro Michael Khariton para tocar xuntos dúos de piano. En 1925 o dúo recibiu unha oferta do produtor teatral Morris Gest para ir aos Estados Unidos e tocaron nos circuítos de vodevil acompañando a compañía de ballet da bailarina austríaca Albertina Rasch. Tiomkin e Rasch casaron en 1927.

Trala caída da bolsa de 1929 reducíronse as oportunidades de traballo en Nova York, polo que Tiomkin e a súa dona marcharon a Hollywood,[5] onde foi contratado para supervisar números de baile en musicais de MGM. O seu primeiro proxecto musical importante foi para Alice in Wonderland (1933).[6] A pesar de traballar nalgúns proxectos cinematográficos o seu obxectivo continuou a ser converterse pianista de concertos ata que rompeu un brazo en 1937 e decidiu concentrarse na composición de bandas sonoras.[7]

Acadou recoñecemento con Lost Horizon (1937), de Frank Capra. Ese ano converteuse en cidadán estadounidense.[8] Na seguinte década continuou a traballar en filmes de Capra.

Durante a súa carreira foi candidato ao Oscar en vinte e tres ocasións.

Filmografía

Notas

  1. Stevens, Lewis. Composers of Classical Music of Jewish Descent, Vallentine Mitchell Publ. (2003) p. 50
  2. http://oxfordindex.oup.com/view/10.1093/anb/9780198606697.article.1801449
  3. 3,0 3,1 Robinson, Harlow. Russians in Hollywood, Hollywood's Russians: Biography of an Image, Northeastern Univ. Press (2007) pp. 130-133
  4. James Von Geldern, Bolshevik Festivals (Berkeley, University of California Press, 1993), 157, Katerina Clark, Petersburg, Crucible of Revolution (Cambridge, Mass., Harvard University Press, 1995), 135-36
  5. Warren M. Sherk (2003), "Biography: Dimitri Tiomkin" Arquivado 19 de xullo de 2011 en Wayback Machine. en "Dimitri Tiomkin: The Official Web Site." Consultado o 4 de setembro de 2010.
  6. Allen Hughes, "Dimitri Tiomkin Dies; Wrote Film Scores", The New York Times, 14 de novembro de 1979.
  7. Cooke, Mervyn. The Hollywood Film Music Reader, Oxford Univ. Press (2010) pp. 117-136
  8. Dominic Power, "Tiomkin, Dimitri" en "film reference". Consultado o 7 de setembro de 2010.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya