Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Dinar serbio

Dinar serbio
српски динар en serbio
Código:RSD
Ámbito:Serbia Serbia
Símbolo:дин.
Fracción:100 para
Moedas:50 para 1, 2, 5, 10, 20 RSD
Billetes:10, 20, 50, 100, 200, 500, 1.000, 5.000 RSD
Emisor:Banco Nacional de Serbia
Taxa de troco:
13-02-2009
1 EUR = 93,92 RSD
1 USD = 75,42 RSD
Troco actual

O dinar serbio (en serbio: српски динар/srpski dinar) é a moeda oficial de Serbia. Na provincia de Kosovo e Metohija usan o euro dende o 2002, antes compartían o dinar iugoslavo con Serbia. O código internacional monetario ISO 4217 para o dinar serbio é RSD, un dinar equivale a 100 para (пара).

Historia

A primeira mención que se ten dun "dinar serbio" data do reino de Stefan Nemanjic en 1214. Até a caída do déspota Stefan Lazarević en 1459, a maioría de gobernantes serbios emitiron dinars. A moeda foi un símbolo importante da nacionalidade serbia durante a Idade Media. Estes dinares medievais cuñáronse exclusivamente en prata por mor das restricións que tiña o ouro na Europa medieval.

Despois da conquista otomá até mediados do século XIX usáronse diferentes moedas estranxeiras. Os otománs estableceron diversas casas emisoras en territorio de Serbia: en Novo Brdo, Kucajna e Belgrado. A moeda fraccionaria actual do dinar serbio é o para, que é como se chamaban as antigas moedas de prata turcas que circularon en Serbia (nome derivado do árabe bara, prata).

No século XIX, os gobernos de Karađorđe e do príncipe Miloš Obrenović tamén viron circular un bo número de moedas de todas partes de Europa, en concreto de corenta e tres tipos diferentes: dez de ouro, vinte e oito de prata e 5 de cobre. Despois da independencia da dominación turca, comezáronse a tomar medidas para establecer un sistema monetario independente.

Despois da circulación de tantas moedas no seu territorio, o príncipe Mihailo Obrenović fixo cuñar unha moeda nacional serbia. As novas moedas, dunha aliaxe de cobre, foron as de 1, 5 e 10 para. Os anversos levaban o retrato do príncipe e o ano de emisión, 1868. O dinar de prata non se cuñou até 1875. Nel figuraba o príncipe Milan Obrenović, e habíaos de 50 para e de 1 e 2 dinares. As primeiras moedas de ouro emitíronse en 1879, cun valor de 20 dinares. Para a coroación do rei Milán en 1882 emitíronse moedas de ouro de 10 e 20 dinares, chamadas popularmente milandor (do francés Milan d'Or).

Moedas

As moedas que circulan en 2009 son as seguintes:

  • 1 dinar.
  • 2 dinares.
  • 5 dinares.
  • 10 dinares.
  • 20 dinares.

Billetes

Os billetes que circulan oficialmente son os das denominacións que a continuación se describen:

  • 10 dinares
  • 62 x 131 mm
    • Tonalidade: dourado e ocre
    • Anverso: o filólogo Vuk Stefanović Karadžić e un libro aberto adicado a el
    • Reverso: os membros do Primeiro Congreso Eslavo celebrado en Praga en 1848
  • 20 dinares
  • 50 dinares
  • 100 dinares
  • 200 dinares
    • 70 x 147 mm
    • Tonalidade: marrón
    • Anverso: a pintora Nadežda Petrović e unha escultura que representa á artista
    • Reverso: silueta do mosteiro de Gračanica
  • 500 dinares
    • 70 x 147 mm
    • Tonalidade: verde, azul e laranxa
    • Anverso: o xeógrafo Jovan Cvijić, de fondo representación polar da terra
    • Reverso: fotografía do xeógrafo e motivos folclóricos serbios
  • 1000 dinares
    • 72 x 151 mm
    • Tonalidade: vermello
    • Anverso: o primeiro gobernador do banco nacional Dorde Vajfert, de fondo a súa cervexaría
    • Reverso: unha fotografía do produtor e detalle do interior do Banco Nacional de Serbia
  • 5000 dinares
    • 76 x 159 mm
    • Tonalidade: gris e púrpura
    • Anverso: o político e historiador Slobodan Jovanović e unha estatua dunha muller cunha pomba na man e dous nenos ao seu arredor
    • Reverso: fotografía do político e silueta do Parlamento de Serbia

Hiperinflación

A hiperinflación tivo lugar en Serbia en 1993 por mor da política continua do goberno de emitir moeda para financiar o déficit público, con tal que o goberno de Slobodan Milošević asegurase que era debida ás sancións internacionais. O billete de máis valor que se puxo en circulación foi o de 500.000 millóns de dinares. A hiperinflación disparouse máis dun 300.000% e, despois de numerosas desvalorizacións, estableceuse un cambio de 700.000 novos dinares por dólar estadounidense. Xeneralizouse o desemprego e moitas industrias case crebaron pola carencia de materias primas. Empezouse a controlar a hiperinflación coa introdución dunha nova moeda coñecida como o "super dinar", equivalente a 1.000 millóns dos antigos dinares, e vinculado ao valor do marco alemán. Con todo, o grao de recuperación vese obstaculizado pola cantidade de recursos económicos do país utilizados nas campañas militares e a perda de moitos homes e profesionais en idade de recrutamento que fuxiron do país desde 1991. O desemprego mantívose desde 1993 por encima do 50%.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya