Esta dinastía tivo un total de 20 sultáns granadinos. O último deles, Boabdil, coñecido como "o Rei Mozo", negouse a pagar os tributos impostos pola Coroa de Castela ao Reino de Granada para permitir a supervivencia deste último. Este feito levou a raíña Isabel I de Castela a entrar en guerra co reino Nazarí, o que unido á guerra civil que xa padecía este reino, facilitou a conquista castelá. A organización territorial e administrativa do reino realizouse a través das tahas.
Durante o reinado desta dinastía edificouse o palacio da Alhambra, considerado o máximo expoñente da arte nazarí e unha das xoias da arte musulmá de todos os tempos.
Véxase tamén
Bibliografía
Arié, Rachel: El reino naṣrí de Granada: (1232 - 1492). Madrid: Ed. MAPFRE, 1992, ISBN 84-7100-500-X
Arié, Rachel: Historia de España. 3. España musulmana: (Siglos VIII-XV). Barcelona: Ed. Labor 1993, ISBN 84-335-9423-0
Bueno, Francisco: Los Reyes de la Alhambra.Entre la historia y la leyenda 2004, ISBN 84-7169-082-9
Ibn al-Jatīb: Historia de los Reyes de la Alhambra [Al-Lamha al-Badriyya]