Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Distrito capital

Un distrito capital ou distrito da capital defínese como a sede de goberno dun país (xeralmente non federal) onde se administra a economía e a política, e posúe maiores beneficios ca os demais territorios que conforman unha nación. O distrito capital é polo tanto, o único concello de administración directa que só inclúe a capital do estado.

O termo comezou a empregarse nos Estados Unidos e estendeuse a moitas partes do mundo. Varios países adoptaron outros nomes como territorio, rexión ou área capital.

Etimoloxía

O termo distrito capital é comunmente utilizado para referirse á zona ao redor da capital do estado. A primeira referencia ao nome distrito capital parece xurdir da abreviación de distrito capital policial a finais de 1860 en Nova York como intento de estado que comprendía as áreas de Albany, Troy, Rensselaer, Watervliet, e Cohoes en conxunto,[1] despois da creación do Distrito federal, nos Estados Unidos.

Diferenzas

O termo distrito capital é ambiguo, dependendo das leis de cada país. Un exemplo sería Colombia, onde o distrito capital é o tipo de organización que rexe en Bogotá,[2] a cal é a sede dos poderes nacionais, como tamén capital do departamento de Cundinamarca, o seu alcalde é elixido por voto popular e ten goberno local.

Notas

  1. Proceedings and Debates of the Constitutional Convention of the ..., Volumen 4. Consultado o 10 de outubro de 2023. 
  2. "Qué son y para qué existen los distritos en Colombia?". Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2019. Consultado o 29 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya