Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Dolomía

Dolomía

A dolomía é unha rocha sedimentaria de orixe química composta basicamente de dolomita, cuxa composición química é carbonato de calcio e magnesio [CaMg(CO3)2]. Foi distinguida da pedra calcaria polo xeólogo francés D. Dolomieu no século XVIII. A dolomía está formada de polo menos o 50% de dolomita; se contén menor porcentaxe, entón é unha calcaria dolomítica. Considérase pura cando ten máis do 90% de dolomita..

Características

É unha rocha de cor gris e é porosa. É moi común na natureza. Atópase en capas espesas de centenares de metros e pode tamén formar macizos enteiros, como os Alpes Dolomíticos (Tirol).

Acostuma ser o resultado do reemprazamento metasomático de calcitas non cementadas en augas pouco profundas. Porén, a chamada dolomía primaria fórmase por precipitación directa da dolomita. Tamén se orixinan pola sedimentación de coirazas de organismos. Aparece tamén en vetas minerais hidrotermais.

Uso

As dolomías empréganse como materia prima en diversas industrias, principalmente como alternativa á magnesita na metalurxia e na produción de aglomerantes como morteiros e cementos especiais.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Kembali kehalaman sebelumnya