O dominio de inmunoglobulina, tamén chamado pregamento ou dobramento de inmmunoglobulina, é un tipo de dominio proteico que consta dun sándwich de dúas capas de 7-9 febras β antiparalelas dispostas en dous láminas β cunha topoloxía de greca,[1][2] que consta duns 125 aminoácidos.
A espiña dorsal do dominio cambia repetidamente entre as dúas láminas β. Tipicamente, o padrón é (forquita β N-terminal na lámina 1)-(forquita β na lámina 2)-(lámina β na lámina 1)-(forquita β C-terminal na lámina 2). Os cruzamentos entre láminas forman un "X", así que as forquitas N- e C-terminais están en fronte unha da outra.
Os membros da superfamilia das inmunoglobulinas encóntranse en centos de proteínas con diferentes funcións. Exemplos son: anticorpos, a quinase muscular xigante titina e as receptor tirosina quinases. Os dominios de tipo inmunoglobulina poden estar implicados en interaccións proteína-proteína e proteína-ligando.[3]
Exemplos
Entre os xenes humanos que codifican proteínas que conteñen o dominio de inmunoglobulina están:
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Este artigo incorpora textos en dominio público procedentes de Pfam e InterPro IPR013151