Donnie Darko é un filme estadounidense de ciencia ficción escrito e dirixido por Richard Kelly que se estreou en 2001. Está protagonizado por Jake Gyllenhaal, Jena Malone, Drew Barrymore, Mary McDonnell, Katharine Ross, Patrick Swayze, Noah Wyle e Maggie Gyllenhaal. O filme conta as aventuras da personaxe do título e a busca do significado das súas visións.
Rodado durante 28 días (que cadran co tempo no que se desenvolve a historia no filme) o filme foi estreado na súa maioría directamente a vídeo.[4] Donnie Darko foi estreado no Festival de Cinema de Sundance o 19 de xaneiro de 2001, antes dunha estrea reducida nos cines o 26 de outubro de 2001 por Flower Films. Por mor de que o filme amosa un accidente de avión e os atentados do 11 de setembro de 2001 sucederon un mes antes, o filme apenas foi publicitado. O filme recadou $7,5 millóns internacionalmente sobre un orzamento de $4,5 millóns.[3]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas