Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Eduardo Olano Gurriarán

Modelo:BiografíaEduardo Olano Gurriarán
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1933 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
O Barco de Valdeorras, España Editar o valor en Wikidata
Procurador en Cortes
14 de decembro de 1973 – 12 de febreiro de 1974
← David Ferrer GarridoLuís Álvarez Rodríguez →
Presidente da Deputación de Ourense
1973 – 1974
← David Ferrer GarridoLuís Álvarez Rodríguez → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónEscola Técnica Superior de Enxeñaría de Montes de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsilvicultor, enxeñeiro forestal, político Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiEduardo Olano Fernández Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4704330

Eduardo Olano Gurriarán, nado no Barco de Valdeorras o 16 de febreiro de 1933, é un enxeñeiro forestal, empresario e político galego.

Traxectoria

Aínda que naceu no Barco de Valdeorras, marchou a vivir a Ourense con catro anos, se ben non perdeu o contacto coa súa vila natal. O seu pai, Eduardo Olano Fernández foi alcalde de Ourense entre 1941 e 1944. Estudou Enxeñería de Montes en Madrid e ao rematar a carreira foi contratado por Patrimonio Forestal do Estado, con destinos primeiro en Pontevedra e posteriormente na Coruña. Despois foi destinado a Madrid, á dirección xeral de Montes, dende onde colaborou na organización do Sexto Congreso Forestal Mundial, (1966), así como na Exposición Forestal Mundial. En 1968 regresou a Ourense para facerse cargo da dirección xeral da empresa de taboleiros de madeira Orember, actualmente integrada no grupo FINSA.

O 11 de abril de 1973 o ministro da Gobernación nomeouno presidente da Deputación de Ourense, en substitución de David Ferrer. Naquela altura, o cargo de presidente da Deputación levaba aparellado os cargos de procurador en Cortes e de presidente da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, cargos que ocupou ata 1974. Foi substituído nos tres cargos por Luis Álvarez Rodríguez.

Durante a transición presentouse ás eleccións constituíntes de 1977 á fronte do Partido Popular Galego, pero non conseguiu saír elixido deputado. Logo ingresou no PDP co que resultou elixido senador en representación da coalición AP-PDP nas Eleccións Xerais 1982 en España, repetindo nas de 1986 pola Coalición Popular. En 1988 abandonou a súa adscrición no Senado no grupo da democracia cristiá e pasouse ao grupo mixto, a canda Enrique Marfany e Julio Ulloa Vence. En 1990 foi nomeado delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense, no primeiro goberno de Manuel Fraga.

Ten estudado o teixedal de Casaio, o maior teixedal de Galicia, que está situado no concello de Carballeda de Valdeorras.


Predecesor:
David Ferrer Garrido
 
presidente da deputación de Ourense
 
1973-74
Sucesor:
Luis Álvarez Rodríguez

Publicacións

Vida persoal

Está casado e ten catro fillos.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya