Eduardo Otero González, nado en Padrón en 1947 e finado en Santiago de Compostela o 12 de novembro de 2024, foi un construtor e político galego.
Traxectoria
Aparellador e dono da empresa de constución Otegón S. L. Nas primeiras eleccións democráticas foi o candidato da UCD á alcaldía de Padrón,[1] e logrou a vitoria con 4 concelleiros, co que foi elixido alcalde como candidato da forza máis votada.[2] Concorreu ás municipais de 1983 encabezando unha formación independente, e daquela perdeu a alcaldía en favor do candidato de Alianza Popular Jesús Villamor Calvo, con quen empatou a 4 concelleiros pero con menos votos.
Pasou a formar parte de Coalición Galega, se ben volveu a concorrer como independente nas eleccións de 1987, cando conseguiu tan só 2 concelleiros fronte á ampla maioría absoluta de AP. En 1991 encabezou a candidatura do CDS, onde só foi el elixido coma concelleiro, retirándose defintivamente da política tras ese mandato.
Vida persoal
Casara, enviuvara, e tivera 3 fillos[3].
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas