Eduardo Seijas Vázquez, nado en Chantada o 23 de marzo de 1907 e finado en Palas de Rei o 22 de decembro de 1978, foi un farmacéutico, historiador e heraldista galego.
Traxectoria
Estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu a súa profesión en Monforte de Lemos (1930-1942) e Palas de Rei (1942-1978). Desde 1940 foi inspector farmacéutico e membro do Colexio de Farmacéuticos. Organizou os mapas hidrolóxicos das provincias de Ourense, Lugo, A Coruña, Logroño, Guipúscoa, Cidade Real e Xaén. Deixou inédita a obra Pequeña historia de un gran café.
Obras
- Contribución al catálogo de la flora de Lugo (comarca de Palas de Rey y Guntín), 1952.
- Guía del camino francés de la provincia de Lugo, con Amando Losada, 1966.
- Clave heráldica gallega.
- Clave de heráldica jacobea.
Vida persoal
Casou con Carmen Fernández Fernández e foi pai de María del Carmen, Eduardo, Javier e Maruja Seijas Fernández.
Véxase tamén
Ligazóns externas