Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

El Hormiguero

El Hormiguero
Producido por 7 y acción
Presentado por Pablo Motos
Día(s) de emisión De luns a xoves
Horario de emisión 21:55
Localización(s) Madrid
Cadea Cuatro (2006-2011)
Antena 3 (2011-presente)
Nº de temporadas 16
Nº de episodios 2350

Na rede
http://www.antena3.com/programas/el-hormiguero/
IMDB: tt0870872 Facebook: elhormiguero Twitter: El_Hormiguero Instagram: elhormiguero Editar o valor en Wikidata

El Hormiguero é un programa de televisión español con espectadores en directo que se centra na comedia, a ciencia e a actualidade. Comezouse a emitir en setembro do 2006 nas tardes do domingo; na actualidade emítese de luns a xoves á noite e os sábados (programa resumo dos mellores momentos). Está presentado e dirixido por Pablo Motos e emítese en Antena 3 (anteriormente en Cuatro), unha canle de televisión española. O programa conta coas colaboracións de Luis Piedrahita(sección de monólogos), Raquel Martos (sección Pillería si, Delincuencia non adicada ó aforro e sección Vaise liar parda sobre a guerra de sexos), Flipy O Científico Tolo (sección de ciencia), Juan e Damián (sección O quiosco), Jandro (sección Experto en...), Marron (seccións Efecto mariposa e Supervivencia) e as marionetas formiga Trancas e Barrancas. Tivo un grande éxito cun índice de audiencia alto, e ampliouse ligando un programa dominical de 120 minutos e un programa diario (de luns a venres) de 40 minutos na súa terceira tempada, que comezou o 17 de setembro do 2007[1][2].

El Hormiguero bateu o seu récord de audiencia o 21 de abril de 2009 coa visita de Hannah Montana, ao ser visto por 2 833 000 espectadores, o que lle reportou unha cota de pantalla do 16,2%[3]. O récord anterior databa do 12 de marzo de 2008, día no que o programa contou coa presenza de David Batista, antigo Campión Mundial de Pesos Pesados, da WWE, alcanzando os 2 731 000 espectadores e un share máximo do 14.6%[4].

Colaboradores

Colaboradores actuais

  • Trancas: É unha das formigas. Presenta o programa xunto con Pablo Motos e as súas compañeiras Barrancas e Petancas. Ponlle voz e movemento Juan Ibáñez Pérez. Propón ao convidado diferentes xogos.
  • Barrancas: É unha das formigas. Presenta o programa xunto con Pablo Motos e as súas compañeiras Trancas e Petancas. Ponlle voz e movemento Damián Mollá. El e Trancas fan diversas preguntas ao convidado e propóñenlle xogos.
  • Petancas: É unha das formigas. Sal de vez en cando no programa xunto con Barrancas e Pablo Motos.
  • Marrón: Realiza a sección de ciencia, antes dirixida por Flipy, e as películas ou series convertidas en musicais. Ao inicio das súas aparicións, sempre realizaba un curioso baile acompañado por Pablo Motos, pero xa non o fai. Antes realizaba as seccións "Maestro empanado", "Efecto mariposa", "Supervivencia", "Toma buena" e "Medicina show".
  • Jandro: É "El experto en todo". Preciase de ser o experto na materia da que trate a ocupación do convidado e proponlle ideas descabeladas en forma de obxectos extravagantes e estraños sen ningún sentido. Sempre di ser o maior fan do convidado. Tamén fai de vez en cando maxia, e ten unha sección mensual con Yunque. Ademais facía cámaras ocultas a nenos.
  • Juan Ibáñez Pérez: Dirixe en colaboración con Damián Mollá. Actualmente fai a sección "Guía de supervivencia para parejas". Pon voz e movemento a Trancas e a Petancas.
  • Damián Mollá: Dirixe en colaboración con Juan Ibáñez Pérez. Actualmente fai a sección "Guía de supervivencia para parejas". Pon voz e movemento a Barrancas.
  • Luis Piedrahíta: Presenta a sección "Timadores al descubierto" e "¿A quién va usted a creer?". Tamén fai trucos de maxia.
  • Yunque: Ten unha sección mensual con Jandro na que fan maxia.
  • Marta Hazas: Presenta a sección Idehazas.
  • Sergio Fernández Meléndez El Monaguillo: Presenta a sección Ingenio Japonés.[5] Tras varios intentos,[6] finalmente consegue que o 27 de xuño de 2017 o renove durante unha tempada.[7]
  • Ana Morgade: Presenta a sección Lo último de Internet.
  • Pilar Rubio: Presenta a sección Los retos de Pilar.
  • Dani Rovira: Presenta a sección Amores perrunos.
  • Manuel Sarriá: Presenta a sección La ruleta loca. Anteriormente facíao con Las cajas de Manolo.
  • Yibing Cao: Presenta a sección Descubriendo China.[8] e presenta as curiosidades máis raras da República Popular China.[9] Substitúe a Anna Simon, tras a súa ausencia debido a súa apertada axenda, pero ao final gañouse un oco no programa.[10]
  • Ernesto Sevilla: Presenta unha sección na que fala dalgún tema. Anteriormente facíao con A mi manera.
  • Cristina Pardo: Presenta a sección Podría ser peor.[11]
  • Nuria Roca: Presenta a sección Nuria on the rocks.
  • Jesús Manzano: Colabora na sección "¿A quién va usted a creer?" xunto a un amigo, Luis Piedrahíta. Anteriormente presentaba monólogos.
  • Carlos Latre: Presenta a sección El teléfono escacharrado con imitaciones.
  • Dani Fontecha: Presenta a sección Don Rogelio. Anteriormente presentaba monólogos.
  • Cristina Pedroche: Presenta a sección Patentes Pedroche. Anteriormente facíao con Cristina, Pedroche y acción.
  • Antonio Resines: Presenta a sección El juez Resines.
  • Sergio González "Suko": Presenta a sección El espía tecnológico onde demostra que Internet coñece todos os nosos datos do que os móbiles nos espían.

Antigos colaboradores

  • Flipy: Realizou a sección da ciencia todos os lunes a xoves ata 2010. O antigo científico tolo que protagonizaba a sección de ciencia do programa. Era un dos colaboradores principais e facía experimentos a diario, ás veces moi complicados, coa axuda de Pablo e os convidados da noite. De vez en cando disfrazábase de muller e actuaba baixo o nome de "Flipa", no papel da súa irmá. Flipa facía o mesmo que Flipy, aínda que sempre se entusiasmaba cos convidados guapos que pasaban polo programa. Levaba unha carpeta recuberta con fotos de famosos. Actualmente, Flipy marchou do programa, abandonando a estes dous personaxes, e Marron sustituíuno.
  • Toño Tejerina (Toño): El Diablo sobre Ruedas", antigo monologuista. Cos seus monólogos demostraba que, incluso nun estado de mobilidade reducida, xamais perde o soriso e o sentido do humor.
  • Raquel Martos: Realizaba seccións como Se va a liar parda o Hashtag luego entre outras.
  • Carlos Jean: Realizaba a sección musical El plan B.
  • David Rubio: Guionista que mensualmente presentaba monólogos.
  • Elsa Punset: Impartía leccións de como ser feliz.
  • Silvia Abril: Facía a sección de cociña.
  • Sergi Mas: Recopilaba as novas máis curiosas da prensa.
  • Anna Simon: Realizaba as seccións Las formas más originales de... y Juega en casa.
  • Los Chunguitos: Realizaban a sección Chunguicine onde comentaban as últimas estreas de cine.
  • El Hombre de Negro: Colaboraba na preparación ou execución de experimentos na sección de ciencia. A partir da cuarta tempda realiza a sección Arte a lo bestia. Coñecido por ser moi sinestro, frío e calado e vestir sempre gabardina negra, botas e lentes de sol, evocando a estética de personaxes da saga fílmica Matrix. Obxecto de admiración das formigas, pero á vez de burla, ás cales ás veces contan chistes sobre el. Irmán de Juan Ibáñez Pérez. En marzo de 2017 abandonou o programa.[12]
  • Mario Vaquerizo: representante, escritor, cantante e colaborador de radio e televisión. Casado con Alaska.
  • Agustín Jiménez: Guionista que mensualmente presentaba monólogos.
  • Mónica Cruz: Participou como colaboradora na 12ª temporada do programa.[13][14] A súa sección chamábase Mónica cool onde ensinaba como sobrevivir ás últimas tendencias.[11]
  • C.J.: Foi unha formiga, filla de Trancas. Presentou o programa xunto con Pablo Motos, Trancas e as súas compañeiras Barrancas e Petancas. Tratábase do fillo de Trancas. Foi característico pola súa unicella, a súa divertida maneira de interromper a Pablo ademais do seu costume de golpear a cabeza coa mesa cando se poñía nervioso.
  • Emilio Aragón: Presentaba a sección Covers, na que facía versións sorprendentes de cancións de todos os tempos.
  • Mario Alonso Puig: Médico especialista en cirurxía xeral e do aparato dixestivo. Axudaba a entender mellor o corpo humano por dentro.
  • Carles Torrecilla: Profesor de economía da ESADE. Axudaba a entender mellor a economía.
  • Patricia Montero: Presentaba a sección La última superviviente, na que daba claves para superar situacións límite.
  • Markus Oberhauser: Como o reporteiro alemán Wolfgang Maier, realizou a sección El español del año e diversas entrevistas a pé de rúa.
  • Javier Botet: Actor que interpretaba á criatura Gresky.
  • Rubén Prieto: Presentaba a sección El gallego sin miedo.
  • Los swingvergüenzas (guionistas do programa).
  • Karlos Arguiñano: Presentaba a sección El teléfono rojo.
  • Álex Clavero: Guionista que mensualmente presentaba monólogos.
  • J.J. Vaquero: Guionista que mensualmente presentaba monólogos
  • Juan del Val: Guionista de varias seccións do programa. Aparece de maneira esporádica durante as intervencións de Nuria Roca e participa no programa como tertuliano.
  • Santiago Segura: Participa no programa como tertuliano. Realizaba seccións como Torrente 5: El casting ou Hay una bronca para ti.
  • Jorge Salvador: É o director do programa. Realiza a sección Momentos y anécdotas vividas en El Hormiguero.

Tempadas e programas

Tempada Canle Programas Estrea Final Audiencia media
Espectadores Cota
1.ª Cuatro 35 24 de setembro de 2006 3 de xuño de 2007 1.127.000 9,7%
2.ª 152 17 de setembro de 2007 9 de xuño de 2008 1.747.000 9,7%
3.ª 201 1 de setembro de 2008 29 de xuño de 2009 1.988.000 11,0%
4.ª 169 31 de agosto de 2009 7 de xullo de 2010 1.610.000 8,7%
5.ª 164 26 de agosto de 2010 30 de xuño de 2011 1.517.000 8,1%
6.ª Antena 3 166 5 de setembro de 2011 12 de xullo de 2012 2.199.000 11,3%
7.ª 162 3 de setembro de 2012 4 de xullo de 2013 2.254.000 11,2%
8.ª 170 2 de setembro de 2013 17 de xullo de 2014 2.451.000 12,8%
9.ª 164 1 de setembro de 2014 9 de xullo de 2015 2.609.000 13,5%
10.ª 161 31 de agosto de 2015 11 de xullo de 2016 2.887.000 15,4%
11.ª 159 5 de setembro de 2016 5 de xullo de 2017 2.696.000 14,8%
12.ª 161 4 de setembro de 2017 5 de xullo de 2018 2.783.000 15,0%
13.ª 163 3 de setembro de 2018 3 de xullo de 2019 2.561.000 14,4%
14.ª 162 2 de setembro de 2019 2 de xullo de 2020 2.408.000 13,9%
15.ª TBA 7 de setembro de 2020 TBA
Total 2006
Pablo Motos xunto ás formigas Trancas e Barrancas no plató do programa El hormiguero durante a sección "Hormiguero Nius".

Programas máis vistos

  1. 30 de xaneiro de 2017: O programa contou coa primeira aparición pública da cantante Isabel Pantoja, 10 meses despois do seu paso por prisión,[15] conseguindo así o seu máximo histórico de audiencia con 4.783.000 espectadores e un 23,8% de cota de pantalla.[16] A entrevista conseguiu o minuto de ouro do día ás 22:54 horas, con 5.996.000 espectadores e un 30% de cota.[17]
  2. 1 de decembro de 2011: Momento máis visto da tempada, cos participantes de Tu cara me suena: Angy Fernández, Santiago Segura, Mónica Naranjo e Julio José Iglesias, Jr. cuxa edición chegou a congregar a 4.709.000 espectadores ás 22:22 horas.
  3. 10 de outubro de 2019: Con Santiago Abascal Conde. Con 4.049.000 espectadores e o 23,5% de cota logra ser o seu terceiro programa máis visto da historia e o segundo coa mellor cota.
  4. 26 de febreiro de 2018: Con Amaia e Alfred García.
  5. 29 de novembro de 2010: Con Justin Bieber.
  6. 21 de abril de 2009: Con Miley Cyrus.
  7. 9 de novembro de 2009: Con Shakira.
  8. 24 de febreiro de 2010: Con Mel Gibson no seu programa 500.
  9. 13 de abril de 2010: Con Selena Gomez.
  10. 23 de xaneiro de 2013: Con Taylor Swift.
  11. 16 de novembro de 2015: O programa rebasa por primeira vez os catro millóns de espectadores (4.172.000) coa visita de Bertín Osborne e consegue a terceira mellor marca da súa historia (20,4%).[18]
  12. 7 de abril de 2015: Consegue ata ese momento o seu récord histórico, coa visita de Isabel Preysler ao programa. O espazo alcanzou 3.855.000 espectadores cun 19,4% de cota de audiencia.[19]
  13. 24 de marzo de 2015: Obtivo o récord histórico de espectadores (ata ese momento), coa quinta visita de Will Smith ao programa, que esta vez se trasladou a Londres para promocionar a película Focus xunto á actriz Margot Robbie. O espazo logrou 3.697.000 espectadores cun 17,5% de cota de audiencia.[19][20]
  14. 10 de febreiro de 2015: Bateu o seu récord histórico (ata ese momento), cando tivo como convidado ao presentador dos Goya 2015 e gañador do Goya ao actor revelación, Dani Rovira conseguindo 3.599.000 espectadores e 17,6%,[21][19] quedándose a solo tres décimas do récord de cota de pantalla (17,9%) que tiña Antena 3 ata ese momento con Will Smith e o seu fillo o 24 de xuño de 2013. Xa que Cuatro posuía o máximo absoluto (19,7%),[22] tamén con Will Smith, na estrea da quinta tempada o 26 de agosto de 2010.
  15. 20 de xaneiro de 2014: Conquistou o seu récord histórico de espectadores con Adriana Ugarte e Peter Vives como convidados, conseguindo 3.560.000 espectadores e un 16,4% de cota de pantalla.[23][24] Foi a emisión na que se logrou o maior número de espectadores da historia do programa ata finais de 2014.[23][24][19]
  16. 11 de outubro de 2019: Con Santiago Abascal Conde (4.049.000 espectadores e 23,5% de cota de pantalla), conseguindo o minuto de ouro ás 22:49 horas
  17. 26 de agosto de 2010: Con Will Smith e Jackie Chan batiron récord histórico de audiencia (2.442.000 espectadores e 19,7% de cota de pantalla), conseguindo o minuto de ouro ás 22:42 horas (3.496.000 espectadores e 26,5%).
  18. 16 de decembro de 2014: O programa con Frank Cuesta como convidado, situose como o segundo programa máis visto con 3.434.000 espectadores (16,6%).[25]
  19. 31 de agosto de 2015: Estreouse a décima tempada de El hormiguero e conseguiu o máximo histórico de cota de audiencia do programa, coa visita de Alejandro Sanz, reunindo ao 20,5% do público que vía a televisión, o que se traduciu en 3.326.000 espectadores.[26]
  20. 16 de novembro de 2011: Con Justin Bieber obtivo 3.308.000 espectadores e unha cota de 16,3%.[19]
  21. 19 de decembro de 2013: Con Iker Casillas ti 3.200.000 espectadores e unha cota de 16,1%.[19]
  22. 5 de setembro de 2011: Estreouse a sexta tempada con Antonio Banderas como convidado, conseguindo un 17,8% de cota de pantalla con 2.966.000 de espectadores, o que supuxo un récord de espectadores do programa.[27]
  23. 26 de xaneiro de 2017: Con Miren Ibarguren, María Castro e Daniel Guzmán, tivo unha audiencia de 2.929.000 espectadores.[28]
  24. 7 de setembro de 2011: Con Blanca Suárez e Mario Casas rexistraron o programa con maior cota da tempada, cun 18,8% de cota e un total de 2.865.000 espectadores.
  25. 17 de setembro de 2014: Con Pedro Sánchez, conseguindo 2.754.000 espectadores e un 15,5% de cota de pantalla,[29] aumentando 1,5 puntos a cota de audiencia respecto ao mes anterior.[30]

Programas aniversario

Atención dos medios

O programa conseguiu algo de atención internacional en 2006 por ter a xente camiñando a través dunha piscina rechea dun fluído non newtoniano, unha solución de maicena e auga que foi mesturada nun camión formigoneira. Este experimento foi realizado nun programa de outubro de 2006 e foi repetido cunha nova mestura no episodio especial de Noiteboa debido a súa popularidade.[33] Ademais, en 2011 coñeceuse que o vídeo deste experimento foi empregado para explicar a uns alumnos da Universidade de Harvard o funcionamento da mestura. Ademais, realizouse o experimento por terceira vez.

En 2007, El Hormiguero recibiu numerosos premios, como o Premio Ondas ou o premio ao mellor programa de entretemento infantil.[Cómpre referencia] O programa ten moito éxito entre o público infantil e nos xoves. A súa antiga canle, Cuatro, elixiuno como o mellor programa da súa canle, lamentando gravemente a perda deste.

Polémicas

En 2008 cando aínda conducía o seu espazo en Cuatro e non en Antena 3, Pablo Motos e Marron –un dos seus colaboradores – estaban inaugurando unha sección arriscada en El hormiguero («Supervivencia en casos extremos») e case lles custou un desgusto grave. O presentador e o seu acompañante introducíronse nun caldeiro de cristal que foi enchido de cortiza branca para demostrar como sobrevivir unha avalancha, mais o experimento saíu mal e estiveron a piques de asfixiarse, especialmente Marron, que resultou o máis afectado. De feito, foi el quen, cos seus golpes, pediu que abrisen a caixa para poder saír.

En maio de 2011, Mediaset España anunciou a saida de El hormiguero da grella de Cuatro, ao parecer, por diverxencias económicas entre a produtora 7 y acción e Mediaset España. [Cómpre referencia] Poucos días despois anunciouse a fichaxe do programa por Antena 3 onde se emite desde o 5 de setembro de 2011. A mediados de xuño, nas promocións da canle principal de Atresmedia, e tras sucesivas promocións do programa baixo o lema En ocasiones veo treses, deuse a coñecer o que sería o título do programa na súa etapa por Antena 3: mantendo El hormiguero pasou de ser El hormiguero 2.0 a ser El hormiguero 3.0, en clara referencia ao 3 de Antena 3.

Na edición do programa 25 de outubro de 2011, á que acudía como convidado Dani Martín,[34] este foi protagonista dun truco de maxia cunha guillotina durante o cal se finxía que este salía mal e era decapitado de maneira real. Como parte do montaxe, puídose oír a Pablo Motos, pedir a gritos ao camarógrafo que deixara de gravar xusto antes de saír a publicidade, e ao finalizar esta Motos declarou que houbera un problema e que darían explicacións no próximo programa, terminando así a emisión en nota de alarma. A falsa decapitación de Dani Martín en El hormiguero 3.0 causou un rebumbio na rede,[35] dividíndose os usuarios en dous grupos, os que estaban a favor da broma e os que expresaron a súa indignación polo sucedido. Finalmente, o equipo de El hormiguero 3.0 viuse obrigado a pedir desculpas publicamente por non ter aclarado o sucedido antes de finalizar a retransmisión do programa.[36]

En abril de 2017 o programa tivo unha forte polémica. Con motivo de promocionar a serie de Netflix, Las chicas del cable, o elenco fiminino foi a ser entrevistado. Varios medios criticaron o enfoque e as preguntas que realizaba Motos, incluíndo preguntas como se bailaban reaggeton ou que Ahora las chicas se dividen entre las que saben perrear y las que no.[37]

O 11 de setembro de 2019, El Hormiguero ofreceu un premio curioso ao portador dun billete de 10 euros,[38] converténdose en todo un fenómeno viral.

Notas

  1. El Hormiguero pasará a ser diario
  2. Trancas: "Hace falta que fichemos a una hormiga con un buen culo"
  3. Novo récord de audiencia coa visita de Hannah Montana
  4. El hormiguero bate su máximo de audiencia con la visita de Batista
  5. antena3.com (11 de maio de 2017). "El Monaguillo, a punto de conseguir su renovación en 'El hormiguero 3.0' con los inventos japoneses más ingeniosos". Antena 3 (Madrid). Consultado o 27 de xuño de 2017. 
  6. antena3.com (9 de xuño de 2017). "El Monaguillo no consigue su ansiada renovación pese a la ayuda de Shakira". Antena 3 (Madrid). Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2019. Consultado o 28 de xuño de 2017. 
  7. antena3.com (27 de xuño de 2017). "Pablo Motos ya ha decidido si El Monaguillo renueva o no en 'El hormiguero 3.0'". Antena 3 (Madrid). Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2017. Consultado o 27 de xuño de 2017. 
  8. diezmiuntos.es (24 de xaneiro de 2017). "Conoce a Yibing, la nueva colaboradora de 'El hormiguero'". Diez minutos. Consultado o 27 de xuño de 2017. 
  9. Redacción (16 de xaneiro de 2017). "De Usun Yoon a Yibing, la nueva colaboradora de 'El Hormiguero'". Ver tele!. Consultado o 27 de xuño de 2017. 
  10. "¿Es Yibing la sustituta de Anna Simon? 'El hormiguero' responde". Ver tele!. 17 de xaneiro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 
  11. 11,0 11,1 Redacción (31 de agosto de 2017). "'El hormiguero': Cristina Pardo, Miguel Ángel Revilla y Joaquín Sánchez, nuevos fichajes de la temporada". Formula TV. Consultado o 1 de setembro de 2017. 
  12. Televisión (2 de marzo de 2017). "El Hombre de Negro abandona ‘El hormiguero’". La Vanguardia. Consultado o 11 de setembro de 2017. 
  13. "Mónica Cruz, fichaje estrella de la nueva temporada de 'El hormiguero' en Antena 3". OK Diario. Yotele. 28 de agosto de 2017. Consultado o 29 de agosto de 2017. 
  14. Merenciano, Carlos (29 de agosto de 2017). "Mónica Cruz ficha como colaboradora de la nueva temporada de 'El hormiguero'". Formula TV. Consultado o 29 de agosto de 2017. 
  15. Costas, Nayín (30 de xaneiro de 2017). "Isabel Pantoja en 'El hormiguero': prisión, miedos, amor, bailes, pullas y emoción". Vanitatis (Madrid). Consultado o 28 de xuño de 2017. 
  16. EFE (31 de xaneiro de 2017). "La entrevista de Isabel Pantoja en "El hormiguero", lo más visto de 2017". Deia, noticias de Bizkaia. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de xuño de 2017. 
  17. "Motos, récord de audiencia con su 'masaje' a la Pantoja". El Plural, periódico digital progresista. 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 28 de xuño de 2017. 
  18. Migelez, Xabier (17 de novembro de 2015). "Bertín Osborne, la sorpresa de la temporada, da la campanada en 'El hormiguero'". FórmulaTV. Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 19,5 Redacción (8 de abril de 2015). "'El hormiguero' (19,4%) marca récord histórico con la visita de Isabel Preysler". FórmulaTV. Consultado o 27 de xuño de 2017. 
  20. Bolaños, Salvador (25 de marzo de 2015). "'El hormiguero' bate su récord histórico de espectadores con Will Smith y Margot Robbie en Londres". FórmulaTV. Consultado o 28 de xuño de 2017. 
  21. Migelez, Xabier (11 de febreiro de 2015). "'En tierra hostil' bate récord (20,9%) frente a 'Levántate' (21,1%) que llega con gran éxito a Telecinco". FórmulaTV. Consultado o 27 de xuño de 2017. 
  22. Cuatro mantiene el récord de audiencia (19,7%) desde 2010
  23. 23,0 23,1 Migelez, Xabier (21 de xaneiro de 2014). "'El tiempo entre costuras' (27,8%) pone el broche de oro a una exitosa trayectoria con récord de audiencia". FórmulaTV. Consultado o 27 de xuño de 2017. 
  24. 24,0 24,1 "‘El hormiguero’ cierra 2014 con la mejor audiencia de su historia". Teleaudiencias: La enciclopedia televisiva. 22 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2020. Consultado o 27 de xuño de 2017. 
  25. López, Tony (17 de decembro de 2014). "'Velvet' marca récord de temporada con un espectacular 24,2% antes de su parón navideño". FórmulaTV. Consultado o 27 de xuño de 2017. 
  26. Morales, Víctor (1 de setembro de 2015). "'El hormiguero' vive su mejor estreno de temporada y anota récord de cuota de pantalla (20,5%) con Alejandro Sanz". FórmulaTV. Consultado o 28 de xuño de 2017. 
  27. Fernández, Juan Manuel (6 de setembro de 2011). "Pablo Motos responde a Vasile con un dato 'indecente' del 17,8%". Vanitatis. Consultado o 28 de xuño de 2017. 
  28. "En el punto de mira logra récord de cuota de audiencia en la noche de Cuatro". Ver tele! (España). 27 de xuño de 2017. Consultado o 27 de xuño de 2017. 
  29. "'El hormiguero' bate récord de audiencia con Pedro Sánchez". El diario. 18 de setembro de 2014. Consultado o 28 de xuño de 2017. 
  30. Redondo, David (18 de setembro de 2014). "Pedro Sánchez sube la audiencia de 'El hormiguero'". Cadena SER. Consultado o 28 de xuño de 2017. 
  31. "El hormiguero cumple 1000 programas". Antena 3 (Madrid). Atresmedia. 19 de marzo de 2013. Consultado o 29 de agosto de 2017. 
  32. "Pablo Motos, fiesta entre amigos por el programa 1.000 de “El hormiguero 3.0”". Semana. 21 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2017. Consultado o 29 de agosto de 2017. 
  33. "¡Caminaron sobre el agua! (video)". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 20 de agosto de 2020. 
  34. "Sección de invitados al hormiguero 3.0 en la web de Antena 3". 
  35. "Noticia acerca de la polémica en la edición digital de la Vanguardia". 
  36. "La cabeza de Dani Martín zanjó la polémica en El hormiguero". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2020. 
  37. "Han venido a ser insultadas a ‘El hormiguero’…". elpais.com. 28 de abril de 2017. Consultado o 12 de febreiro de 2022. 
  38. "El billete de 10 euros de 'El Hormiguero' ahora vale 6.000 euros". Diario de Sevilla (en castelán). 12 de setembro de 2019. Consultado o 27 de abril de 2020. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya