Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

El Ratón

El Ratón
Lingualingua castelá e lingua galega
LocalidadeVilalba
editar datos en Wikidata ]

El Ratón foi un periódico editado en Vilalba entre 1911 e 1915.

Historia e características

Subtitulado El de mayor circulación de Vilalba e Órgano oficial de la clase de ratas municipales, apareceu o 1 de xuño de 1911.[1] Foron os seus directores Antonio Peña Novo[2] e Manuel Felpeto Mouteira. Tiña unha periodicidade mensual, e en agosto de 1913 pasou a ser quincenal.[3] Foi denunciado o número de xullo de 1912 polo artigo "¿Xusticiadas? Dounas o demo".[4] En decembro de 1913 Nicolás Vázquez de Parga de la Riva presentou unha querela criminal contra o seu director.[5][6] Cesou a súa edición en agosto de 1915.[7]

Notas

  1. La Voz de la Verdad, 8-6-1911, p. 2.
  2. La Voz de la Verdad, 31-10-1913, p. 1.
  3. Marín, 10-8-1913, p. 2.
  4. El Regional, 16-7-1912, p. 2.
  5. El Norte de Galicia, 5-12-1913, p. 2.
  6. Gaceta de Galicia, 13-2-1914, p. 1.
  7. El Regional, 21-8-1915, p. 3.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya