Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

El Rebelde (Pontevedra)

El Rebelde (Pontevedra)
LocalidadePontevedra
editar datos en Wikidata ]

El Rebelde, foi un periódico editado en Pontevedra entre 1913 e 1914.

Historia e características

Un sector do Partido Republicano Radical de Pontevedra amosouse en desacordo coa moderación do partido e un grupo de militantes fundaron o Partido Radical Autónomo de Pontevedra, que ingresou na conxunción republicano-socialista. A raíz da visita a Pontevedra do líder radical Alejandro Lerroux en maio de 1913, os militantes do Partido Radical Autónomo protagonizaron unha protesta contra Lerroux na ponte da Barca.[1] Para contrarrestar o órgano do partido, La Libertad, editaron o periódico El Rebelde, subtitulado Quincenario Republicano Radical, que apareceu o 15 de xuño de 1913. A partir do número 9, do 15 de outubro, cambiou o seu título por Rebelde co subtítulo Quincenario Republicano Radical Autónomo,[2] e dende o número 12, do 1 de decembro, pasou a ser Quincenario de la Unión Republicana. Dirixido por Manuel Torres Iglesias, o administrador era Bernardino González Paz.[3] Por un artigo publicado no número 12 o seu director foi demandado por calumnia e inxurias graves ao marqués de Riestra.[4][5] Foi suspendido por orde gobernativa en marzo de 1914.[6] O director, Manuel Torres, foi procesado e xulgado en febreiro de 1916 por inxurias e calumnias a Ángel Míguez.[7]

Notas

  1. El Norte de Galicia, 10-10-1913, p. 3.
  2. La Libertad, 2-11-1913, p. 2.
  3. El Progreso, 4-10-1913, p. 1.
  4. El Progreso, 3-12-1913, p. 2.
  5. Noticiero de Vigo, 3-12-1913, p. 2.
  6. Marín, 5-4-1914, p. 3.
  7. La Libertad, 10-2-1916, p. 1.

Véxase tamén

Bibliografía

Kembali kehalaman sebelumnya