Engelmar Hubert Unzeitig, nado o 1 de marzo de 1911 en Greifendorf e finado o 2 de marzo de 1945 en Dachau, foi un sacerdote alemán reprimido polos nazis.
Traxectoria
Entrou na Orde dos Misioneiros de Mariahill. Estudou teoloxía e filosofía en Wurtzbourg. Exerceu como párroco en Bohemia. En abril de 1941 foi detido pola Gestapo pola súa oposición ao réxime nacionalsocialista e a persecución aos xudeus. Foi enviado ao campo de concentración de Dachau. Alí adicouse á atención aos doentes. Cara ao final da segunda guerra mundial foi advertido do perigo de atender aos prisioneiros rusos debido a unha mortífera epidemia de tifo. Sen atender a tales advertencias desenvolveu un labor de coidado dese colectivo ata que morreu infectado pouco antes da liberación do campo.
Bibliografía
- Schauber-Schlinder, Bildlexicon Der Heiligen, 1999