Eon Productions Ltd. é unha empresa británica de produción de cinema que principalmente produce a serie de filmes de James Bond. A empresa ten a súa sede en Piccadilly, en Londres, e tamén opera en Pinewood Studios, no Reino Unido.
EON creouse en 1961 da man dos produtores de Albert R. Broccoli e Harry Saltzman. En 1975, despois de 9 filmes de James Bond, Harry Saltzman vendeu as súas accións a United Artists (que xa é o distribuidor de filmes da serie). En 1996, despois da morte de Albert R. Broccoli, a súa filla Barbara Broccoli e o seu fillo Michael G. Wilson sucedérono.
Dende o primeiro filme en 1962, 007 contra o doutor No, EON produciu algúns filmes nos cales non aparece o axente secreto británico, sendo o primeiro deles Call me Bwana (1963) con Bob Hope.