É unha das estacións de esquí máis occidentais de Europa. Está orientada ao goce dun esquí familiar e tranquilo. Neste centro de lecer, arrodeado dunha paisaxe de montes arborados, destaca a diversidade de actividades que se poden realizar, tanto no inverno coma no verán.
Servizos
Inverno
Manzaneda, creada na segunda metade da década de 1960, é a primeira estación de esquí de Galicia. Dispón das seguintes instalacións e servizos:
4 telesquís e dúas telecadeiras de catro e seis prazas, que permiten desprazar 7.600 esquiadores/hora
Piscina climatizada con sauna e hidromasaxe
Escola de esquí
Alugueiro de material de esquí e snowboard
Verán
Manzaneda é un resort con instalacións aptas para a práctica de diferentes disciplinas deportivas estivais en altura. Dispón das seguintes instalacións e servizos:
Pavillón polideportivo de máis de 1.000 metros cadrados
Zona húmida con piscina cuberta de 25 metros e seis estaxes, sauna finlandesa e hidromasaxe
Rocódromo exterior con cinco vías e unha travesía
Picadeiro para a aprendizaxe e paseos a cabalo
Circuíto de karts
Campo de golf rústico de 6 buratos
Campo de fútbol con medidas regulamentarias e campo de fútbol 7, ambos de herba
Tiro con arco
Canchas de tenis
Pistas de footing e sendeirismo sinalizadas, que discorren polo medio do bosque na contorna da estación
Parque multiaventura
Alugueiro de quads e de BTTs
Instalacións hostaleiras
Para gozar destas instalacións Manzaneda ofrece:
Máis de 400 prazas de aloxamento no seu apartahotel e o seu albergue turístico (Bungalows)
O restaurante á carta "Os Arandos" e o restaurante autoservizo "Manzaneda", que ofrecen gastronomía local con produtos da zona
Cafeterías, disco-pub, tendas, enfermaría e centro de primeiros auxilios
Bike Park
Manzaneda conta cun dos mellores Bike Park de España. Consta de seis pistas balizadas que discorren polo bosque, con obstáculos naturais e artificiais: bumps, pasarelas de madeira, saltos, lousas e trialeiras deseñados para todos os niveis, asistidas pola telecadeira de seis prazas e con eventos especiais durante os veráns como "A Avalancha", un descenso de máis de 1.100 metros de desnivel en 16 km de percorrido.