O Estadio Meiji Jingu (明治神宮野球場, Meiji Jingū Yakyūjō?) é un parque de béisbol situado en Shinjuku, Toquio (Xapón). O estadio alberga os partidos como local dos Tokyo Yakult Swallows, equipo da Liga Central da Nippon Professional Baseball (NPB), así como diferentes torneos universitarios. Inaugurado o 23 de outubro de 1926 e con capacidade para 37.933 espectadores, é propiedade do Templo Xintoísta Meiji de Shibuya (Meiji Jingū).
Historia
O Estadio Meiji Jingu é o segundo parque de béisbol máis antigo do Xapón, sendo un dos poucos que permanecen da época na que xogaba Babe Ruth. De feito, en 1934, Ruth xunto con outros famosos xogadores estadounidenses como Lou Gehrig e Jimmie Foxx realizaron unha xira de 22 xogos polo país. Matsutarō Shōriki, coñecido popularmente como o pai do béisbol profesional nipón, foi o organizador da xira. Debido a isto, sufriu unha tentativa de asasinato cunha espada por permitir xogar estranxeiros no estadio Jingu.[1] O Estadio Jingu tamén foi utilizado para acoller un partido de exhibición durante os Xogos Olímpicos de 1964 de Toquio. No encontro enfrontáronse un combinado de xogadores universitarios estadounidenses, incluíndo oito futuros xogadores das Ligas Maiores, contra un all-star afeccionado xaponés, vencendo os primeiros por 6-2.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas