Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Estadio de Liga Deportiva Universitaria

Estadio de L.D.U.
Estadio Casa Blanca
Datos
Coordenadas0°06′28″S 78°29′21″O / -0.107694, -78.489083
LocalizaciónQuito, Ecuador
Construción
Inauguración1997
ArquitectoRicardo Mórtola
Custo16 millóns $
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade41.596
PropietarioLiga de Quito
LocalíaLiga de Quito (Serie A)
Eventos
editar datos en Wikidata ]

O Estadio de Liga Deportiva Universitaria, popularmente chamado A Casa Blanca, é un estadio de fútbol situado no norte da cidade de Quito, en Ecuador, no cal disputa os seus encontros como local o equipo Liga Deportiva Universitaria de Quito. O estadio é propiedade do club, ten capacidade para acoller 41.596 seareiros.

O recinto foi deseñado por Ricardo Mórtola, quen xa deseñara o Estadio Monumental Isidro Romero en Guayaquil. Construído por iniciativa do empresario, exalcalde da cidade e daquela presidente do club, Rodrigo Paz, entre 1995 e 1997, foi inaugurado o 6 de marzo de 1997. Ata entón o LDU xogaba como local no Estadio Olímpico Atahualpa, de propiedade municipal.

Galería

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya