En Xeografía, un estreito é unha canle de auga que une dous corpos acuosos (océanos, mares) e separa dúas masas de terra. Os estreitos fan por veces parte de rotas comerciais importantes e por iso teñen relevancia estratéxica, desde un punto de vista económico e militar.
Un estreito pode ser visto como o oposto dun istmo, a ligazón entre dúas masas de terra, e é análogo dunha canle (enxeñería), aínda que esta expresión poida ter outros significados.